As catequeses especiais

Acabo de atopar esta web en internet e tiven a necesidade de da-las grazas polos cristiáns máis sensibles ás necesidades dos demais. Neste caso, o que en moitos momentos pode ser fonte de conflictos convírtese nunha luz para o resto dos irmáns.

O problema da xente con necesidades especiais cando chega á unha catequese non é un tema a pasar por alto, nunha sociedade que fala de integración, de atención á xente diferente e especial (palabras que me encantan, porque en realidade todos somos diferentes e especiais), é o gran tema esquecido dentro das catequeses.

Varias parroquias, especialmentes sensibles a estes temas, teñen desenvolvido un programa específico para estes nenos e nenas que pode ser de gran axuda para calquera parroquia, pois en calquera pode aparecer esta necesidade. Case todas estas páxinas son sudamericanas, a ver se somos capaces de ser humildes e recoñecer que nos levan unha grande ventaxa... Estes rapaces non queren agochar o seu amor por Deus e polos demáis, fagamos un esforzo por achegarnos a eles.


 Aquí tedes unha orientación:


Os meus parabéns máis sinceiros para os irmáns Paúles que deron un paso adiante para acoller e recibir con agarimo a estes rapaces, desenvolvendo un deseño completo de catequese para eles, sodes sal...

http://www.catequesisespecial.org/


























E tamén ós que coma eles, están esforzándose por facer algo diferente...

http://www.pasoapaso.com.ve
http://www.catequesisjaen.es/index.php/discapacidad










Comentarios

Publicacións populares