12 oct. 2014

Eu habitarei na casa do Señor por días prolongados sen fin - Salmo 22

Domingo 28 de Ordinario - ciclo A


ESPERTA O DÍA

Esperta o día e Cristo convócanos
á tarefa e ao don da Eucaristía:
pide e promete pan e viña de irmáns
partido e compartido en gran banquete.

Bico de Deus que se dá sen reserva
e con tenrura coida dos pés dos seus:
a iso chama, a lavar neste día
e a deixar que nos laven os pés da lama.

Pai da casa aberta e Espírito vertido
que alenta en toda carne para a descuberta:
pide adoralo a todos escoitando
todos carpa de Cristo, Cruz e regalo.
Amén.

                                                        ( do Diurnal )



No hay comentarios:

Publicar un comentario