Amarás o Señor teu Deus e o teu próximo coma a ti mesmo - Mt 22, 34-40

Domingo 30 de ordinario - ciclo A


MESTE, 
CAL É O PRIMEIRO MANDAMENTO?

Amar,
amar é o primeiriño, Señor,
o único importante,
a condición imprescindible
 para andar polos teus vieiros.

Amarte a ti,
con corazón, alma, entendemento.
Como quixer que me roubases os soños
e que me aledases os espertares todos!
Namorado de Ti dos teus camiños,
das túas palabras e dos teus feitos,
dos de onte, dos de hoxe, dos de mañá!

E ó mesmo tempo,
sen corte ningún,
co mesmo corazón e coa mesma alma,
co mesmo entendemento,
amar a xente, servir a xente,
entregarme á xente,
á xente concreta, á xente próxima,
que cada día cruza a soleira da miña vida
para que ti nela sexas por min amado. 



Comentarios

Publicacións populares