LECTURAS VIRXE DO PIAR
SOLEMNIDADE DA
NOSA SEÑORA DO
PIAR
PRIMEIRA LECTURA 1Crón 15, 3-4.16-16-16,1-2
LECTURA DO PRIMEIRO
LIBRO DE CRÓNICAS
Colleron a arca de Deus e puxérona no medio do tabernáculo que preparara David
Colleron a arca de Deus e puxérona no medio do tabernáculo que preparara David
Reuniu David a
todo Israel en Xerusalén para subi-la arca de Iavé ó lugar que lle tiña
disposto.
Tamén reuniu ós
fillos de Aharón e ós levitas.
David mandou ós
xefes dos levitas que dispuxesen os seus irmáns cantores, que fixesen resoa-los
instrumentos musicais; harpas, cítolas e pandeiros en sinal de ledicia.
R.- O Señor coronoume, sobre a columna
exaltoume.
O Señor é a miña
luz e salvación,
¿a quen hei de
temer?
O Señor é o meu
castelo,
¿ante quen hei de
tremer?
Mesmo se un
exército acampase contra min,
o meu corazón nin
temería;
aínda que rompese
o combate contra min,
tamén entón
confiaría.
Unha cousa
pídolle ó Señor,
unha cousa
procuro:
habitar na casa
do Señor,
tódolos días da
vida,
para gozar da
dozura do Señor,
visitando o seu
templo.
Na hora mala
escóndeme na súa tenda,
acólleme na súa
morada,
érgueme enriba
dunha rocha.
SEGUNDA LECTURA Ftos
1, 12-14
LECTURA DA PRIMEIRA CARTA DOS FEITOS DOS APÓSTOLOS
Todos eles
dedicábanse conxuntamente á oración con María, a nai de de Xesús
Entón volveron
para Xerusalén desde o chamado Monte das Oliveiras, que está cerca de
Xerusalén: distante o camiño que se pode facer en sábado. Logo que chegaron,
subiron ó cuarto de arriba, onde residían Pedro, Xoán, Santiago, Andrés,
Felipe, Tomé, Bartolomeo, Mateo, Santiago o de Alfeo, Simón o Zelota e Xudas o
de Santiago. E todos eles dedicábanse conxuntamente á oración, con algunhas
mulleres e mais María a nai de Xesús e cos seus irmáns.
ALELUIA Sal 39, 3d, 4a
Ergue os meus pés
sobre a rocha e afirma os meus pasos.
Ponme na boca un
cantar novo.
EVANXEO Lc 11, 27-28
LECTURA DO SANTO EVANXEO SEGUNDO SAN LUCAS
Ditoso o ventre
que te levou
Mentras el dicía
estas cousas, unha muller de entre a xente exclamou en voz alta:
‑¡Ditoso o ventre que te levou e os peitos que te criaron!
Pero el
replicoulle:
‑Ditosos máis ben os que escoitan a Palabra de Deus e a gardan.
DEBUXOS DE:
Comentarios
Publicar un comentario