Din pero non fan - Mt 23, 1-12

Domingo 31 de Ordinario - ciclo A


CRISTO, 
PARA PODER SERVIRTE MELLOR

Cristo, para poder servirte mellor, 
dáme un corazón nobre.

Un corazón forte
para tender a ideais altos
e non a opcións mediocres.

Un corazón xeneroso no traballo, 
vendo nel non unha imposición
senón unha misión que me confÍas.


Un corazón grande para o sufrimento,
sendo valente soldado diante da miña propia cruz 
e sensible cireneo para a cruz dos demais.


Un corazón grande para co mundo,
sendo comprensivo coas súas fraxilidades 
pero inmune ás súas seducións.


Un corazón grande para as persoas,
leal e atento para con todos
pero especialmente servizal e delicado 
cos pequenos e humildes.


Un corazón nunca centrado sobre min, 
sempre apoiado en ti, feliz de servirte
e servir aos meus irmáns, meu Señor,
todos os días da miña vida. Amén. 



Ignacio Larrañaga




Comentarios

Publicacións populares