A27. A viña do señor é a casa de Israel - Salmo 79
Domingo 27 de Ordinario - ciclo A
QUEDA PROHIBIDO
Queda prohibido chorar sen prender,
erguerse un día sen saber que facer,
ter medo das lembranzas ...
Queda prohibido non lle sorrir aos problemas,
non loitar polo que queres,
abandonar todo por medo,
non converter en realidade os teus soños.
Queda prohibido non tentar comprender as persoas,
pensar que as súas vidas valen menos cá túa,
non saber que cadaquén ten o seu camiño
e a súa felicidade.
Queda prohibido non crear a túa historia,
non ter un momento para quen precise de ti,
non comprender que o que che dá a vida ...
ás veces tamén cha quita.
Queda prohibido non buscar a túa felicidade,
non vivir a túa vida cunha actitude positiva,
non pensar en que podemos ser mellores,
non sentir que, sen ti, este mundo non sería o mesmo.
(Pablo Neruda)
Comentarios
Publicar un comentario