Ficha e Lectio - Domingo 31 Ord A






LECTIO:

EN ACTITUDE DE CONVERSIÓN

Xesús fala con indignación profética. O seu discurso dirixido á xente e aos seus discípulos é unha dura crítica aos dirixentes relixiosos de Israel. Mateo recólleo cara aos anos oitenta para que os dirixentes da Igrexa cristiá non caian en condutas parecidas. ¿Poderemos lembrar hoxe as recriminacións de Xesús con paz, en actitude de conversión, sen ánimo algún de polémicas estériles? As súas palabras son unha invitación para que bispos, presbíteros e cuantos temos algunha responsabilidade eclesial fagamos unha revisión da nosa actuación.

«Non fan o que din». O noso maior pecado é a incoherencia. Non vivimos o que predicamos. Temos poder pero fáltanos autoridade. A nosa conduta desacredítanos. O noso exemplo de vida máis evangélica cambiaría o clima en moitas comunidades cristiás.

«Cargan fardos pesados sobre os ombreiros da xente... pero eles non están dispostos a mover un dedo para empuxar». É certo. Con frecuencia, somos esixentes e severos cos demais, comprensivos e indulgentes connosco. Angustiamos á xente sinxela coas nosas esixencias pero non lles facilitamos a acollida do evanxeo. Non somos como Jesús que se preocupaba de facer lixeira a súa carga pois era sinxelo e humilde de corazón.

«Todo o que fan é para que os vexa a xente». Non podemos negar que é moi fácil vivir pendentes da nosa imaxe, buscando case sempre "quedar ben" ante os demais. Non vivimos ante ese Deus que ve no secreto. Estamos máis atentos ao noso prestixio persoal.

«Gústanlles os primeiros postos e os asentos de honra... e que lles fagan reverencias pola rúa». Dános vergoña confesalo, pero gústanos. Buscamos ser tratados de maneira especial, non como un irmán máis. Hai algo máis ridículo que unha testemuña de Xesús buscando ser distinguido e reverenciado pola comunidade cristiá?

«Non vos deixedes chamar mestres... nin guías... porque uno só é o voso Mestre e o voso Guía: Cristo». O mandato evanxélico non pode ser máis claro: renunciade aos títulos para non facer sombra a Cristo; orientade a atención dos crentes só cara a el. Por que a Igrexa non fai nada por suprimir tantos títulos, prerrogativas, honras e dignidades para mostrar mellor o rostro humilde e próximo de Xesús?

«Non chamedes pai o voso a ninguén na terra porque uno só é o voso Pai do ceo». Para Xesús o título de Pai (ou Padre) é tan único, profundo e entrañable que non ha de ser utilizado por ninguén na comunidade cristiá. Por que o permitimos?


José Antonio Pagola




Comentarios

Publicacións populares