Fieis Defuntos + Ficha e Lectio


Tradicións do Día dos Fieis Defuntos
A tradición de asistir ao cemiterio para pregar polas almas dos que xa abandonaron este mundo, está acompañada dun fondo sentimento de devoción, onde se ten o convencemento de que o ser querido que marchou e pasará a unha mellor vida, sen ningún tipo de doenza, como sucede cos seres terrenais. (...)

Tradición en Galicia
O Día de Defuntos dá nome ao propio mes de novembro: mes morto ou mes dos mortos e constitúe unha data moi significativa dentro do calendario litúrxico galego. Os camposantos énchense de familiares que van acondicionar a lousa ou o nicho, levan flores e rezan ao seu pé. Na lareira da casa colócanse cirios ou lámpadas de aceite polas ánimas dos mortos. En Cambados, por exemplo, crese que o día de defuntos non se debe ir ao mar para evitar coller mortos ou os seus restos na rede. En Tui e noutros concellos tiñan o costume de botar un gran leño ao lume para que as ánimas dos devanceiros mortos puidesen quentarse, rito celta que adoita celebrarse normalmente no Nadal, é o chamado tizón de Nadal.



POSTRES PARA FACER COS NENOS:
BOLOS DE VENTO 

Bolos de vento de vento ó estilo clásico, doce típico na celebración do Día dos defuntos.






LECTIO:
http://iglesiadesopelana3m.blogspot.com.es/


NAS MANS DE DEUS

Os homes de hoxe non sabemos que facer coa morte. Ás veces, o único que se nos ocorre é ignorala e non falar dela. Esquecer canto antes ese triste suceso, cumprir os trámites relixiosos ou civís necesarios e volver de novo á nosa vida cotiá.

Pero tarde ou cedo, a morte vai visitando os nosos fogares arrincándonos os nosos seres máis queridos. Como reaccionar entón ante esa morte que nos arrebata para sempre á nosa nai? Que actitude adoptar ante o esposo querido que nos di o seu último adeus? Que facer ante o baleiro que van deixando na nosa vida tantos amigos e amigas?

A morte é unha porta que traspasa cada persoa en solitario. Unha vez pechada a porta, o morto ocúltasenos para sempre. Non sabemos que foi del. Ese ser tan querido e próximo pérdesenos agora no misterio insondable de Deus. Como relacionarnos con el?

Os seguidores de Xesús non nos limitamos a asistir pasivamente ao feito da morte. Confiando en Cristo resucitado, acompañámolo con amor e coa nosa pregaria nese misterioso encontro con Deus. Na liturxia cristiá polos defuntos non hai desolación, rebelión ou desesperanza. No seu centro só unha oración de confianza: "Nas túas mans, Pai de bondade, confiamos a vida do noso ser querido"

Que sentido poden ter hoxe entre nós eses funerais nos que nos reunimos persoas de diferente sensibilidade ante o misterio da morte? Que podemos facer xuntos: crentes, menos crentes, pouco crentes e tamén increyentes?

Ao longo destes anos, cambiamos moito por dentro. Fixémonos máis críticos, pero tamén máis fráxiles e vulnerables; somos máis incrédulos, pero tamén máis inseguros. Non nos resulta fácil crer, pero é difícil non crer. Vivimos cheos de dúbidas e incertezas, pero non sabemos atopar unha esperanza.

Ás veces, adoito convidar a quen asisten a un funeral a facer algo que todos podemos facer, cada un desde a súa pequena fe. Dicirlle desde dentro ao noso ser querido unhas palabras que expresen o noso amor a el e a nosa invocación humilde a Deus:
"Seguímosche querendo, pero xa non sabemos como atoparnos contigo nin que facer por ti. A nosa fe é débil e non sabemos rezar ben. Pero confiámosche ao amor de Deus, deixámosche nas súas mans. Ese amor de Deus é hoxe para ti un lugar máis seguro que todo o que nós che podemos ofrecer. Goza da vida plena. Divos quéreche como nós non che soubemos querer. Un día volverémonos a ver".

José Antonio Pagola


VER TAMÉN:
http://escoladeespiritualidade.blogspot.com.es/2014/10/2-de-novembro-conmemoracion-das-persoas.html



CAMIÑAR NA SANTIDADE É:

gañar honradamente o pan de cada día,
gardar o corazón da envexa e da cobiza,
agradecer e gozar cos logros que imos acadando,
compartilo que temos con quen no ten nada,
poñer o corazón na harmonía veciñal,
gastar do noso para que a comunidade medre,
enxugar bágoas, sementar risas e ledicias,
denunciar o sistema inxusto
que fai que moitas persoas morran de fame,
alzar a voz diante das inxustizas do noso mundo,
abrir camiños que levan ao pan compartido,
quedar sen nada, pero téndoo todo,
andar tralos pasos de Xesús…
con liberdade , con humildade con alegría,
sabendo que hai garantía de futuro
porque El é a fonte da nosa felicidade.




Comentarios

Publicacións populares