VIRXE DAS DORES - 15 de setembro

Día 15 de setembro
Santa María, Virxe das Dores



Memoria
O Evanxeo desta memoria é propio



PRIMEIRA Heb 5, 7-9
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA CARTA ÓS HEBREOS
Aprendeu a obediencia e veu ser autor de salvación eterna

Cristo nos días da súa vida mortal, a fortes gritos e con bágoas, presentou oracións e
súplicas a quen o podía salvar da morte e Deus escoitouno por mor da súa sumisión.
8Aínda que era Fillo, aprendeu sufrindo o que é obedecer; 9e, consumada deste xeito a
súa consagración sacerdotal, converteuse en causa de salvación eterna, para tódolos que
lle obedecen


SAL. RESP. Sal 30, 2-3a. 3bc-4. 5-6. 15-16. 20
R/ (17b) Sálvame, Señor, pola túa misericordia

 2A ti, Señor, eu acóllome:
 que endexamais non me vexa defraudado.
3Pon o oido cara a min,
 dáte présa en socorrerme.
 Se a rocha do meu refuxio,
 o castelo forte onde me salve.

4Xa que ti e-la miña rocha e o meu castelo,
 por mor do teu nome, diríxeme e guíame.

5Tírame da rede que me tenden,
 pois ti e-lo meu refuxio.
6Nas túas mans encomendo a miña vida,
 e ti librarasme, Señor, Deus fiel.

15Mais eu teño confianza en ti, Señor,
 e digo:--"Ti e-lo meu Deus.
16Nas túas mans está o meu porvir:
 líbrame do poder dos inimigos e dos meus perseguidores.
20¡Que grande é o ben
 que reservas para aqueles que te temen,
 o que lles fas ós que a ti se acollen,
 á vista de tódalas xentes!


[Ad libitum, secuencia "Stabat Mater"]
ALELUIA
 Ditosa é a Virxe María,
 que, sin morte, mereceu a palma do martirio
 o pé da cruz do señor


EVANXEO Xn 19, 25-27
PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO XOÁN
A piadosa nai entristecíase e doíase ó ve-las penas do seu ínclito Fillo (Stabat Mater)

25O pe da cruz de Xesús estaban súa nai e a irmá de súa nai, María a de Cleofás, e mais
María a Magdalena. 26Xesús, vendo a súa nai e, onda ela, o discípulo a quen amaba,
díxolle á nai:
-Muller, velaí o teu fillo.

27Despois díxolle ó discípulo:
-Velaí a túa nai.

Desde aquela hora o discípulo acolleuna con el.



Ou: Lc 2, 33-35
PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO LUCAS
Unha espada hache atravesa-la alma

 33O pai e maila nai de Xesús ficaron abraiados polo que tal dicía do neno.
34Bendiciunos Simeón e díxolle a María, a nai:

-Mira, este está disposto para caída ou soerguemento de moitos en Israel, para ser
bandeira de discusión; 35e a ti mesma unha espada hache atravesa-la alma: así ficarán

descubertas as cavilacións de moitos corazóns.


ROSARIO DAS SETE DORES 
DA SANTÍSIMA VIRXE MARÍA

No nome do pai e do Fillo e do Espírito Santo. Amén.

ACTO DE CONTRICCIÓN
Meu Señor, Xesucristo, Deus e home verdadeiro,
Creador, Pai e Redentor meu.
Por ser Ti quen es, Bondade infinita,
e porque te amo sobre todas as cousas,
pésame de todo corazón terche ofendido.
Tamén me pesa que podas castigarme
coas penas do infierno.
Axudado da túa divina gracia, propoño firmemente
nunca máis pecar, confesarme
e cumpli-la penitencia que me fora imposta.
Amén.


 Primeira dor: A profecía de Simeón
" Bendiciunos Simeón e díxolle a María, a nai:
Mira, este está disposto para caída ou soerguemento de moitos en Israel, para ser bandeira de discusión; e a ti mesma unha espada hache atravesa-la alma: así ficarán descubertas as cavilacións de moitos corazóns."  (Lc 2, 34-35)
Noso Pai (7) Ave María e Gloria.

Segunda dor: Exilio de Xesús en Exipto
" En canto se foron, un anxo do Señor apareceulle a Xosé en soños e díxolle:
Érguete, colle o neno e maila nai e fuxe para Exipto. Non te movas de alí ata que eu te avise, porque Herodes vai busca-lo neno para acabar con el." (Mt 2,13)
Noso Pai (7) Ave María e Gloria.

Terceira dor: Xesús permanece en Xerusalén
" O velo, ficaron moi impresionados, e a súa nai preguntoulle:
¡Meu fillo! ¿Como te portaches así connosco? Mira que o teu pai e mais eu andamos cheos de angustia en busca túa.
El respondeu:
¿E logo por que me buscades? ¿Seica non sabiades que eu teño que estar na casa de meu Pai? "  (Lc 2,48-49)
Noso Pai (7) Ave María e Gloria.

Cuarta dor: María no camiño da Cruz de Xesús
" Mentras el dicía estas cousas, unha muller de entre a xente exclamou en voz alta:
¡Ditoso o ventre que te levou e os peitos que te criaron!
Pero el replicoulle:
Ditosos máis ben os que escoitan a Palabra de Deus e a gardan." (Lc 11,27-28)
Noso Pai (7) Ave María e Gloria.

Quinta dor: María xunta a cruz de Xesús
" O pé da cruz de Xesús estaban súa nai e a irmá de súa nai, María a de Cleofás, e mais María a Magdalena. Xesús, vendo a súa nai e, onda ela, o discípulo a quen amaba, díxolle á nai:
Muller, velaí o teu fillo.
Despois díxolle ó discípulo:
Velaí a túa nai." (Xn 19,25-27a)
Noso Pai (7) Ave María e Gloria.

Sexta dor: María recibe a Xesús baixado da cruz
" Despois disto, sabendo Xesús que xa todo estaba acabado, para que se cumprise plenamente a Escritura, dixo: ”Teño sede”." (Xn 19,28)
Noso Pai (7) Ave María e Gloria.

Sétima dor: A sepultura de Xesús
"Xosá de arimatea, mercando unha saba, baixouno, envolveuno nela, e acomodouno nun sepulcro excavado na rocha; logo fixo rolar unha lousa sobre a entrada. "  (Mc 15,48)
Noso Pai (7) Ave María e Gloria.




AS SETE GRAZAS

A Santísima Virxe María manifestou a Sta. Bríxida que concedía sete grazas a quen diariamente lle honrase considerando as súas bágoas e dores e rezando sete Avemarías:

1. Porei paz nas súas familias.
2. Serán iluminados nos Divinos Misterios.
3. Consolareinos nas súas penas e acompañarei nos seus traballos.
4. Dareilles canto me pidan, con tal que non se opoña á vontade adorable do meu Divino Fillo e á santificación das súas almas.
5. Defendereinos nos combates espirituais contra o inimigo infernal, e protexereino en todos os instantes da súa vida.
6. Asistireinos visiblemente no momento da súa morte; verán o rostro da súa Nai.
7. Conseguín do meu Divino Fillo que as almas que propaguen esta devoción ás miñas bágoas e dores sexan trasladadas desta vida terreal á felicidade eterna directamente, pois serán borrados tódolos seus pecados, e o meu Fillo e máis Eu seremos a súa consolación e alegría.


 CANTO : 

Comentarios

Publicacións populares