Oxalá escoitedes hoxe a voz do Señor! Non endurezades os vosos corazóns. - Salmo 94

Domingo 23 de Ordinario - ciclo A


PAI, NAI, ANTE TI REUNÍMONOS HOXE

Pai, Nai, ante Ti reunímonos hoxe,
porque cremos que Ti nos convocaches.

Presentámosche a ledicia e o esforzo
de seguir facendo comunidade;
agradecémosche que estas entre nós,
compartindo ao noso esforzo
por cambiar a vida cada día,
empuxando a nosa loita por construír Reino,
e animando a nosa busca de Ti.

Porque queremos ser anticipo
do teu proxecto para a humanidade,
pedímosche hoxe por todos nós,
pedímosche pola túa comunidade.
Que valoremos o don que nos deches,
que sexamos valentes e decididos;
que non falle por nós o teu empeño
de poñer zume novo no noso mundo.

Que ninguén entre nós esqueza o compañeiro.
Axúdanos a aceptarnos como Ti nos aceptas,
a respectarnos como Ti nos respectas,
a querernos libres e diferentes como ti nos queres,
a coidarnos como ti nos coidas;
a alentar o camiño ao outro
que xunto a nós, connosco,
fai día a día o seu camiño cara a Ti.

                            Florentino Ulibarri






Comentarios

Publicacións populares