A26. Lémbrate, Señor, da túa compaixón - Salmo 24

Domingo 26 de Ordinario - ciclo A


EN SILENCIO DIANTE DE TI

En silencio di ante de ti, noso Pai,
escoitando a fonda ensinanza de Xesús.

Posnos nas mans o mundo, a parroquia, a familia,
posnos nas mans a nosa propia persoa
e queres que traballemos

Creáchesnos para a vida
e a túa maior loanza é
que a vida medre nas nosas mans e nos encha.

Pai, ti precisas de colaboradores, de axudantes,
en por ti, misteriosamente, non dás feito nada,
por máis que sexas o amo do mundo.

E canta xente necesita de xente cabo de si!
Cantos veciños necesitan de nós, coma veciños!
Cantos orfos de agarimo, de pan, de axuda ... !

E as organizacións de pobo, que desamparadas están!
E as agrupacións agrarias, que frouxiñas andan!
E o futuro dos pequenos no mundo, como está no aire!

Todo isto é á túa ansia diaria, noso Pai,
sen esquecer o coidado da nosa mesma humanidade,
sen esquecer o coidado da nosa fidelidade a ti.

Queres que traballemos contigo, para celebrar contigo,
queres que celebremos contigo, para traballar contigo.
Saberemos ser fieis á túa demanda, noso Pai?
Poderás gozar de verdade por nos ter de compañeiros? 


Comentarios

Publicacións populares