Ou é que ti ves con mal ollo que eu sexa bo? - Mt 20, 1-16a
Domingo 25 de Ordinario - ciclo A
XORNALEIRO
Xornaleiro simplemente
no viñedo do Señor.
Xornaleiro cabo doutros
traballando con paixón.
Todos xuntos nun esforzo,
cada un co seu saber.
Un vén cedo e outro tarde,
todos temos que facer.
Esta terra é o viñedo
que plantou noso Señor.
Nesta terra todos somos
xornaleiros do amor.
Todos imos refacendo
a herdade recibida,
moldeando e moldeando
ata vela ben lucida.
O de menos os salarios:
pois que Deus non é avaro,
e ten sempre para dar
moito máis do que ten dado.
Un caxato para o camiño
Comentarios
Publicar un comentario