COMEZO DO CURSO - Reflexións e horarios

O PUNTO NEGRO

            Certo día, un profesor entrou na aula e díxolles aos alumnos que se preparasen para unha proba sorpresa. Todos se puxeron nerviosos mentres o profesor ía entregando a folla do exame coa parte frontal para abaixo, de modo que non visen o que contiña ata que el explicase en que consistía a proba.

            Unha vez que entregou todas as follas, pediulles que lle desen volta e mirasen o contido. Para sorpresa de todos, era unha folla en branco que tiña no medio un punto negro. Vendo a cara de sorpresa de todos os seus alumnos, o profesor díxolles: agora ides escribir unha redacción sobre o que estades vendo.

            Todos os mozos e mozas, confundidos, puxéronse a pensar e a escribir sobre o que vían. Terminado o tempo, o mestre recolleu as follas, colocounas na fronte do escritorio e comezou a ler as redaccións en voz alta. Todas, sen excepción referíanse ao punto negro de diferentes xeitos.

            Terminada a lectura, o profesor comezou a falar do seguinte xeito:

            - Este exame non é para darlles unha nota, serviralles como lección de vida. Ninguén falou da folla en branco, todos centraron a súa atención no punto negro. Isto mesmo pasa na nosa vida, nela temos unha folla en branco enteira, para ver e aproveitar, pero nos centramos nos puntos negros.




Temos todo un ano para escribir unha nova páxina no libro da nosa vida, non nos fixemos nos puntos negros, centrémonos no camiño que nos queda por percorrer con renovada esperanza...


PARÁBOLA DO LÁPIS

O inventor do lapis, antes de metelo na caixa e envialo ao mundo díxolle:
"Cinco cousas debes saber e lembrar sempre 
se queres ser o mellor lapis do mundo".

1 Poderás facer grandes cousas, pero só se permites que alguén che use coa súa man.
2 Experimentarás dor cando che saquen punta, pero o necesitarás se queres ser o mellor lapis do mundo.
3 Corrixirás todas as faltas que cometeres.
4 A túa parte parte máis importante está sempre dentro de ti.
5 Deixarás a túa pegada sobre toda superficie sobre a que sexas usado.

E, a pesar de todo, SEGUE ESCRIBINDO.

O lapis entendeuno e prometeu lembralo sempre e despois entrou na caixa con este propósito no seu corazón.

Agora, PONTE TI NO LUGAR DO LAPIS.
Lembra sempre este cinco puntos e chegarás a ser a mellor persoa que podes ser.

1 Poderás facer grandes cousas, pero só se permites que  Deus te teña e te use coas súas mans. E deixa tamén que outros seres humanos teñan acceso a ti polos moitos dons que podes ofrecer.

2 Experimentarás, de cando en vez, unha dor aguda cando os problemas da vida che saquen punta e che saquen o corazón. É necesario porque así crecerás máis forte.

3 Poderás corrixir os erros que cometeres.

4 A túa parte máis importante está dentro de ti.

5 Debes deixar pegada sobre toda superficie que camiñes. E, pase o que pase, segue facendo a túa tarefa.


UNHA VARIACIÓN EN POWER POINT:

Comentarios

Publicacións populares