21 sept. 2014

O Señor está cerca dos que o chaman - Salmo 144

Domingo 25 de Ordinario - ciclo A


SEÑOR, 
TI ESTASME CHAMANDO

Señor, ti estasme chamando
e eu teño medo a dicirche “si”.
Búscasme e eu trato de esquivarte;
insistes e gardo silencio;
achégaste, e intento evitarte;
queres apoderarte de min e resístome;
e así non acabo de entender que é o que desexas de min.

Ti esperas de min unha entrega sen reservas,
chea de ilusión e xenerosidade.
E eu, ás veces, é certo, estou disposto a realizala
na medida da miñas forzas, sen furtarte nada.
A túa graza empúxame por dentro
e, neses momentos, todo me parece fácil.

A túa invitación é como un horizonte aberto
que alegra e dá sentido á miña vida.
Pero axiña que me decato do que teño que sacrificar
ante unha dolorosa ruptura definitiva,
se teño que renunciar ás miñas seguridades,
se teño que nadar contra corrente,
vacilo, desconfío, plántome.

Señor sufro en ansia, combato no noite.
Ás veces dubido; outras quero.
Son, así, Ti sábelo.
Dáme forzas para no refugarte.
Ilumíname na elección do que Ti desexas.
Estou disposto, Señor. Oriéntame.
                                           


                                                                        Florentino Ulibarri




No hay comentarios:

Publicar un comentario