Natividade da Virxe María - Lecturas e recursos
PRIMEIRA
Miq 5, 1-4a
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PROFECÍA DE MIQUEAS
Tempo no
que parirá a parturienta
5 1E ti,
Belén de Efratah, tan pequeniña entre as familias de Xudá, de ti vai saír un
que será o soberano de Israel; a súa orixe é desde antigo, desde os días do
comezo.
2El
seranos conservado para sempre, mentres haxa muller que dea a luz; o resto dos
seus irmáns volverá, e serán devoltos os fillos de Israel.
3Manterase
firme e pastorearán co poder do Señor, coa gloria do nome do Señor, o seu Deus,
e cando
se instalen ata o mesmo cabo da terra, estenderá a súa grandeza:
4
"o da Paz" será o seu nome.
Ou: Rm
8, 28-30
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA CARTA DE SAN PAULO APÓSTOLO ÓS ROMANOS
Ós que
Deus coñeceu de antemán, predestinounos
Irmáns e
irmás:
28Sabemos
que todo colabora para o ben dos que aman a Deus, dos que foron escolleitos
segundo os seus designios. 29Pois El distinguiunos primeiro e predestinounos a
reproducírmo-la imaxe do seu Fillo, de tal maneira que El sexa o primoxénito
entre moitos irmáns. 30E a eses que predestinou, tamén os chamou; e a eses que
chamou, tamén os xustificou; e a eses que xustificou, tamén lles deu a súa
gloria.
SAL.
RESP. Sal 12, 6ab. 6cd
R/ (Is
61, 10) Alegrareime sobremaneira no Señor
6Eu
confío no teu amor,
o meu
corazón relouca coa túa axuda.
Cantareille
ó Señor
polo ben
que me fixo.
ALELUIA
Ditosa
ti, Santa Virxe María e dignísima de toda louvanza
porque
de tí naceu o sol de xustiza, Cristo noso Deus.
EVANXEO
Mt 1, 1-16. 18-23 (máis longo) ou 18-23 (máis breve)
PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MATEO
O que
nela naceu, é do Espírito Santo
Xenealoxía
de Xesús Cristo, fillo de David, fillo de Abraham. 2Abraham enxendrou a Isaac.
Isaac enxendrou a Xacob. Xacob enxendrou a Xudá e mais ós seus irmáns. 3Xudá,
de Tamar, enxendrou a Peres e mais a Zarán. Peres enxendrou a Esrón. Esrón
enxendrou a Arán. 4Arán enxendrou a Aminadab. Aminadab enxendrou a Naasón.
Naasón enxendrou a Salmón. 5Salmón, de Rahab, enxendrou a Booz. Booz, de Rut,
enxendrou a Obed. Obed enxendrou a Iexé. 6Iexé enxendrou ó rei David.
David,
da que foi muller de Urías, enxendrou a Salomón. 7Salomón enxendrou a Roboam.
Roboam enxendrou a Abías. Abías enxendrou a Asá. 8Asá enxendrou a Ioxafat.
Ioxafat enxendrou a Ioram. Ioram enxendrou a Ozías. 9Ozías enxendrou a Ioatán.
Ioatán enxendrou a Acaz. Acaz enxendrou a Ezequías. 10Ezequías enxendrou a
Menaxés. Menaxés enxendrou a Amón. Amón enxendrou a Ioxías. 11Ioxías enxendrou
a Ieconías e mais ós seus irmáns, en tempos da deportación a Babilonia.
12Despois
da deportación a Babilonia, Ieconías enxendrou a Xealtiel. Xealtiel enxendrou a
Zerubabel. 13Zerubabel enxendrou a Abiud. Abiud enxendrou a Eliaquim. Eliaquim
enxendrou a Asor. 14Asor enxendrou a Sadoc. Sadoc enxendrou a Aquim. Aquim
enxendrou a Eliud. 15Eliud enxendrou a Elazar. Elazar enxendrou a Matán. Matán
enxendrou a Xacob. 16Xacob enxendrou a Xosé, esposo de María, da que naceu
Xesús, chamado Cristo.
18O
nacemento de Xesús Cristo foi así: María, a súa nai, estaba prometida a Xosé; e
antes de viviren xuntos apareceu ela embarazada por obra do Espírito Santo.
19Xosé, o seu prometido, home xusto, non a querendo aldraxar, decidiu repudiala
secretamente. 20Tal era a súa resolución, cando o anxo do Señor se lle apareceu
en soños, dicíndolle:
-Xosé,
fillo de David, non repares en levar contigo a María, a túa prometida; que o
que nela se concebiu é obra do Espírito Santo. 21Dará a luz un fillo, e ti
poñeraslle de nome Xesús, porque salvará ó seu pobo de tódolos seus pecados.
22Todo
isto aconteceu para que se cumprise o que dixera o Señor por boca do profeta:
23"Mirade:
a virxe concebirá e dará a luz un fillo,
e
poñeranlle de nome Emmanuel"
(que
quere dicir "Deus connosco").
CANTOS:
Youtube + Nosanaicinhadoceo + Virxe María
Himno do ano Mariano de Ourense - Santuario de Os Milagres
FICHAS:
ADAPTADAS DE: http://elrincondelasmelli.blogspot.com.es/
Comentarios
Publicar un comentario