CONFERENCIA

Chegoume aviso desde o colexio Cluny de Vigo e compártoo con todos vós:

O próximo 19 de setembro de 2014, venres, ás 18.30, D. Juan José Pérez-Soba Díez do Curral impartirá unha conferencia titulada "Familia: ser e crecer xuntos. Un camiño de madurez e de graza". Será no auditorio do Colexio San José de Cluny de Vigo (Rúa do Carballo 46, Vigo). Estará aberta a calquera persoa que desexe acudir, a entrada é libre ata completar aforamento.

Polo seu contido, será de especial interese para pais e educadores. Falará sobre a tarefa dos pais hoxe na educación dos fillos, os retos e axudas coas que contan, sobre cal é o seu papel, a relevancia e beleza da súa tarefa.

D. Juan José Pérez-Soba é Catedrático de Teoloxía Moral da Facultade de Teoloxía de San Dámaso (Madrid) e profesor do Instituto Xoán Paulo II en Roma (CV). Autor de numerosos libros e publicacións en revistas nacionais e internacionais, sobre temas relacionados coa educación en virtudes, a familia ou o amor desde a perspectiva cristiá. D. Juan José Pérez-Soba é un recoñecido experto internacional nestes temas e conta ademais con anos de experiencia no acompañamento a matrimonios e familias.




Comentarios

Publicacións populares