Se te escoita, lograches o teu irmán - Mt 18, 15-20

Domingo 23 de Ordinario - ciclo A


SE SE PERDE O MEU IRMÁN

Se se perde o meu irmán,
se se perde o meu veciño,
se se perde o meu compañeiro,
se se perde o meu amigo .... ou o meu inimigo ...
que hei facer, meu Deus?

Chamareino e direille:
o meu corazón está roto polo teu amor.

E gañarei o irmán.
E gañarei con el a vida.

Bendito sexa Deus, que nos fai fortes
para salvar e ser salvados,
para curar e ser curados,
para amar as persoas ....
e sermos por elas amados!




Comentarios

Publicacións populares