28 sept. 2014

Arrepentido, foi. Os publicanos e as prostitutas entrarán no Reino de Deus antes ca vós - Mt 21, 28-32

Domingo 26 de Ordinario - ciclo A


O QUE QUEIRA SER PRIMEIRO

Que amemos o teu estilo,
meu Xesús, mestre e señor;
que querendo ser primeiro,
me faga eu servidor;
pois ti, con seres amo
do ceo e da terra toda,
entregaches a túa vida
aos pequenos en gran loita.

Que sexa esta Igrexa nosa
toda ela servidora,
que non se afaga aos exemplos
dos que nos rexen na historia,
que medre servindo o débil
agachándose gozosa
entre os rostros e as maneiras
dos que na vida non contan.

Igrexa pobre dos pobres,
toda ela de Xesús,
pasando polos seus tragos,
sufrindo morte de cruz,
abusada, violada,
ignorada, sen máis luz
que a luz que amence a diario
do rostro de Deus en cruz. 


No hay comentarios:

Publicar un comentario