Novena á Virxe María - Día 8
Día oitavo:
A Pascua de María.
Monición
Irmáns: Dinos a nosa fe que a Virxe Inmaculada, asociada con corazón maternal á paixón e á morte de Cristo, foi tamén a primeira en verse unida en corpo e alma á súa glorificación, pois, "rematado o curso desta vida terrea, foi asunta en corpo e alma á gloria celestial e enaltecida polo Señor como Raíña do Universo, para que se asemelle máis de cheo ao seu Fillo, Señor dos que dominan e vencedor do pecado e mais da morte ".A glorificación de María foi a súa pascua, o seu pasamento deste mundo ao Pai, imaxe e anuncio da nosa esperanza no destino dos que fomos incorporados a Cristo polo bautismo.
Palabra de Deus Lc 11,27-28
Mentres el dicía estas cousas, unha muller de entre a xente exclamou en
voz alta:
-Ditoso o ventre que te levou e os
peitos que te criaron!
Pero el replicoulle:
-Ditosos mais ben os que escoitan a Palabra de Deus e a gardan.
Reflexión
1. Temos fame de alegría, de felicidade e paz. Pero cada día atopámonos con máis insatisfaccións, dores e desesperanzas. Sen embargo cremos que a victoria final será para a bondade e para o amor.
2.Xa temos un sinal da victoria final, un sinal portentoso: María asociada á gloria do seu Fillo, vencedora do mal e do pecado, arrincada das gadoupas do Maligno e entronizada no ceo como a Arca da Alianza cando era solemnemente introducida no templo. María, en corpo e alma, trocouse así na imaxe da Igrexa, que tamén será glorificada en todos os seus fillos cando chegue o día do Señor.
3.María benaventurada, como a proclama Sabela e despois dela todas as
xeracións cristiáns, fainos descubrir, co canto da gratitude ao Señor, que toda
a súa alegría e felicidade veñen de Deus que se compraceu na humildade da súa
escrava.
Preces
Proclamemos a grandeza de Deus Pai todopoderoso, que quixo que todas as
xeracións felicitasen a María, a Nai do seu Fillo, e supliquémoslle dicindo:
-Que a chea de graza interceda por nós.
* Deus, admirable sempre nas túas obras, que quixeches que a Inmaculada
VirxeMaría participase en corpo e alma da gloria de Xesucristo: fai que todos os
teus fillos desexen e camiñen cara a esta mesma gloria.
-Que a chea de graza interceda por nós.
*Ti que nos deches a María por nai: concede, pola súa mediación, saúde aos
enfermos, consolo aos tristes e perdón aos pecadores.
-Que a chea de graza interceda por nós.
*Ti que fixeches de María a chea de graza: concelle a abundancia da túa
graza a todos os homes.
-Que a chea de graza interceda por nós.
*Fai, Señor, que a túa Igrexa teña un só corazón e unha soa alma polo
amor, e que todos os fieis perseveren unánimes na oración con María, a Nai de
Xesús.
-Que a chea de graza interceda por nós.
*Ti que coroaches a María como Ralña do ceo: fai que os defuntos poidan
acadar con todos os santos a felicidade do teu Reino.
-Que a chea de graza interceda por nós.
Noso Pai que estás o ceo ...
Oración
Compracícheste, Señor, na humildade da túa serva, a Virxe María, e quixéchela elevar á dignidade de Nai do teu Filio, coroándoa de gloria e esplendor. Pedímosche, pola súa intercesión, que cantos salvaches polo misterio da redención nos concedas tamén o premios da gloria.
Por Cristo, noso Señor. Amén.
Comentarios
Publicar un comentario