ORACIÓN SEMANA 4 DE ADVENTO (FEIRAS) - ciclo B

CHEGA O SALVADOR

Xuntos nos preparemos 

para a chegada do Salvador

Para te acoller,

para preparar nosa terra,

para crer en Ti,

noso gran Señor,

non hai nada de extraordinario a facer:

 basta ter un corazón limpo e sen disfrace,

basta ter un ollar doce e sen malicia.


Basta colocar nos beizos o sorriso e a alegría.

Basta abrir as mans para dar e repartir.

Basta ser atencioso e fiel á túa Palabra.

Basta amar, sen medir a ternura.

Basta ouvir o teu chamamento e mudar de vida, Señor! 


Podes vir, Señor.

A terra e seus habitantes,

por Ti, mudan as cores da vida.


TOMADO DE:

https://formacao.cancaonova.com/



Semana 4 de Advento B (Feiras): 

https://xanostesaqui.webnode.es/lecturas-da-misa/lecturas-semanais/advento/feiras-17-24-decembro/

17 dec: Mt 1, 1-17 - Xenealoxía de Xesús Cristo, fillo de David 

18 dec: Mt 1, 18-24 - Xesús nacerá de María, desposada con Xosé, fillo de David 

19 dec: Lc 1, 5-25 - O nacemento de Xoán Bautista é anunciado por Gabriel 

20 dec: Lc 1, 26-38 - Velaí que concebirás e parirás un fillo 

21 dec: Lc 1, 39-45 - Quen son eu para que me visite a nai do meu Señor? 

22 dec: Lc 1, 46-56 - Fixo en min marabillas o poderoso 

23 dec: Lc 1, 57-66 - Nacemento de Xoán Bautista 

Comentarios

Publicacións populares