Día Internacional do Voluntariado 2020

 A TODAS AS PERSOAS VOLUNTARIAS DE CÁRITAS

"Soñando xuntos unha nova fraternidade"


O Día Internacional do Voluntariado é unha magnífica ocasión para soñar outro mundo, outro modelo social, outra fraternidade. Soñar como única humanidade. Ese é o gran desafío que temos os voluntarios e voluntarias de Cáritas, chamados a cargar cos máis débiles e golpeados por esta crise, porque só así poderemos dar pasos a unha sociedade máshumana, inclusiva e fraterna.

Para un cristián non é que todos "debemos2 ser iguais, é que xa, agora, todos somos iguais, porque todos somos fillos e fillas dun mesmo Pai. Esta igualdade é a fonte da irrenunciable dignidade de todo ser humano. Esa común dignidade sostén a esperanza de que un mundo mellor e san é posible.

A fraternidade é ese modo no que o outro ou a outra é recoñecido en igualdade de condicións posibilitando a liberdade para poder expresarnos, escoitarnos e camiñar xuntos.

Por iso, non se limita "aos nosos", aos de sempre, senón que se abre aos outros, aos estraños, aos diferentes, aos estranxeiros, ao non crentes, aos doutras relixións, aos máis pobres porque recoñece, valora e ama a cada persoa máis aló da proximidade física, máis aló do lugar de onde veña, máis aló de onde habite, máis aló da súa situación económica e social. Unha fraternidade que recoñece a cada ser humano como un irmán ou unha irmá e busca a amizade social transitando camiños eficaces para facelas posible.

Ser voluntario dá sentido á vida Mirar á persoa empobrecida, achegarse a ela, escoitarlle e ofrecerlle a man dá sentido ás nosas vidas, axuda a superar as barreiras da indiferenza e conduce a ir ao esencial do Evanxeo.

Enfermos, anciáns, migrantes, persoas sen fogar, familias vulnerables... esperan os nosos oídos, corazóns e mans, para mostrarlles con xestos concretos o rostro misericordioso de Deus. O modelo é o do bo samaritano que, con entrega, sen esperar recoñecementos nin gratitudes, coida a fraxilidade humana con proximidade solidaria e atenta, faise cargo da dor sen pasar de longo dos que están ao costado da vida, considera as dificultades como oportunidades para crecer e faio con outros, non individualmente, buscando ese "nós" que sexa máis forte que a suma de accións individuais.

Acoller, escoitar, acompañar, servir, transformar son os verbos do voluntariado. Pero hai unha cousa que non se pode esquecer: a finalidade das nosas accións é o amor, que comeza co descubrimento de ser os primeiros amados e, por iso, movidos á caridade.


Alumar un mundo cheo de sombras.

No medio dun mundo no que persisten numerosas formas de inxustizas, nutridas por visións antropolóxicas reductivas e por un modelo económico baseado na ganancia, que non dubida en explotar e descartar, a persoa voluntaria ama o ben común e busca o ben de todas as persoas, sentíndose parte activa na rehabilitación e sanación dunha sociedade ferida. Desde a máis xenuína caridade política e un traballo en rede, trata de xerar procesos sociais de fraternidade e xustiza social para todos, que permitan modificar as condicións sociais que provocan sufrimento e pobreza e fai que os dereitos humanos sexan respectados.

A achega do voluntariado á crise do coronavirus A situación de pandemia que estamos a padecer está a facernos ver até que punto todos somos fráxiles e interdependientes. Tristemente o coroavirus está a ensinarnos as súas consecuencias: catástrofe humanitaria, crise sanitaria e económica, crispación social e política, caos organizativo... A achega á sociedade que pode facer o voluntariado pasa por vivir a compaixón, ofrecendo coidados, comprometéndose como cidadáns corresponsables e construíndo comuñón e fraternidade.

En Cáritas recoñecemos e agradecemos canto achegades á nosa sociedade e á Igrexa, pois os máis pobres atopan en vós ao pobo de Deus en primeira liña para darlles voz, defendelos e solidarizarse con eles. Sodes esa Igrexa que serve e sae de casa para acompañar a vida, soster a esperanza, tender pontes e romper muros.


Ninguén pode pelexar a vida illadamente.

Velaí un fermoso segredo para soñar e facer da nosa vida unha fermosa aventura: "ninguén pode pelexar a vida illadamente". Ninguén se salva só; unicamente é posible salvarse xuntos. O reto consiste en recuperar a paixón compartida por unha comunidade de pertenza e de solidariedade, á cal destinar tempo, esforzo e bens. Necesítase unha comunidade que nos sosteña, que nos axude e na que nos axudemos uns a outros a mirar cara adiante. Que importante é soñar xuntos! Soñemos unha nova fraternidade onde todos teñamos o noso lugar.



Felicidades no Día Internacional do Voluntariado!!

Vicente Martín

Muñoz Delegado Episcopal de Cáritas Española

Comentarios

Publicacións populares