Inmaculada Concepción de María 2020 e Novena á Virxe María

 VER ANTES



NOVENA Á VIRXE MARÍA

 

Día primeiro:

María, elixida antes de la creación do mundo.

 

Monición:

Irmáns: reunidos aquí para celebrarmos a bondade de Deus, que se manifestou na Virxe María, abramos o noso corazón á Palabra divina, para acollela con fe e con alegría. Cada un de nós foi chamado por Deus para unha vida santa como fillos seus que somos, pero tamén sabemos que só faremos realidade esta vocación cristiá, se en cada día e en cada momento, facemosoque Deus quere de nós. Non sempre isto será doado, pero temos a María coma modelo de perfecta fidelidade á vocación. Deus elixiuna por pura iniciativa súa, e polos méritos de Cristo adobiouna e encheuna de gracia. Ela foi semper fiel á chamada de Deus.

 

Palabra de Deus Lc 1, 26, 38

Aos seis meses, Deus mandou o anxo Gabriel a unha vila chamada Nazaré, onda unha mociña prometida a un home da casa de David, que se chamaba Xosé; o nome da mociña era María. Entrando onde estaba ela, díxolle:

 -Alégrate, chea de graza, o Señor está contigo.

Ela turbouse con estas palabras, cavilando no que podería significar o saúdo aquel. O anxo continuou:

-Non teñas medo, María, porque ti atopaches, graza ante Deus; e, fíxate, has concibir no teu ventre e darás á luz un fillo, ao que lle poñerás de nome Xesús. Será grande e chamarase Fillo do Altísimo, e Señor Deus daralle o trono de David seu pai: reinará por sempre na casa de Xacob, eo seu reinado non terá fin.

María respondeulle ao anxo:

 -E como pode ser isto, pois eu son virxe?

O anxo replicoulle:

 -O Espírito Santo baixará sobre ti e o poder do Altísimo cubrirate coa súa sombra; por iso o que vai nacer de ti será santo e chamarase Filio de Deus.  Aí tes a túa curmá, que concibiu un fillo na súa vellez, e xa está de seis meses a que chamaban estéril, que para Deus non hai imposibles.

María contestou:

-Velaquí a escrava do Señor; cúmprase en min o que dixeches.

E o anxo marchou de onda ela.

 

 

Reflexión

1.Cada cristián ten unha misión que cumprir neste mundo e na Igrexa. Pero todos ternos unha mesma vocación: a vocación a unha vida santa e perfecta ante Deus e ante os homes, que temos que realizar polo amor.

2.Cada un de nós fomos obxecto do amor de Deus gracias a Xesucristo. Toda bendición, todo don, toda graza, a nosa filiación adoptiva, véñennos dadas por Deus, por medio de Cristo. Antes de que existisemos, xa nos amaba Deus en Cristo e nel e por el nos escolleu para sermos seus fillos.

3.Pero entre todos, Deus quixo dunha maneira especial a María, elixida antes de la creación del mundo para ser santa e inmaculada polos méritos de Cristo. Antes de que Xesús vivise dela, xa María vivía do que la ser seu Fillo. Tendo Deus presente o sacrificio redentor de Cristo, ateigouna de graza e gardouna de todo pecado desde o primeiro momento do seu ser. O anxo saúdaa de parte de Deus como "a de graza "cando lle anuncia a altísima misión para a que foi chamada.

4.A dignidade de María Nai de Deus, a súa dispoñibilidade, o seu SI incondicional, redunda na loanza do Pai. Cada cristián, fillo adoptivo de Deus en Cristo, coa súa propia fidelidade e obediencia, co seu si incondicional á vontade de Deus proporciónalle a este o gozo da súa misteriosa paternidade. Todos nós, como María, ternos que dicir de verdade "Velaquí a escrava do Señor: fágase en min conforme á túa palabra ".

 

Preces

* Proclamemos a grandeza de Deus Pai todopoderoso, que quixo que todas as xeracións felicitasen a María, a Nai do seu Pillo e pidámoslle dicindo:

 -Que a chea de graza interceda por nós.


* Deus, admirable sempre nas túas obras, ti quixeches que a Inmaculada Virxe María participase en corpo e alma da gloria de Xesucristo. Fai que todos os teus fillos desexen esta mesma gloria e camiñen cara a ela.

 -Que a chea de graza interceda por nós.

 

* Ti que nos deches a María por Nai: concédelles, pola súa mediación, saúde aos enfermos, consolo aos tristes, perdón aos pecadores, e a todos, abundancia de saúde e de paz.

 -Que a chea de graza interceda por nós.


* Ti que fixeches de María a Nai de misericordia: concédelles aos que se encontran en perigo gozar do seu amor maternal.

 -Que a chea de graza interceda por nós.

 

* Ti que lle encomendaches a María a misión de nai de familia no fogar de Xesús e Xosé: fai que, pola súa intercesión, todas as nais promovan nos seus fogares o amor e maila santidade.

 -Que a chea de graza interceda por nós.


* Ti que coroaches a María como Raíña do ceo: fai que os defuntos poidan conseguir con todos os santos a felicidade do teu Reino.

 -Que a chea de graza interceda por nós.

 

Noso Pai que estás no ceo ...

 

Oración

Señor, noso Deus, ti déchesnos na Virxe María, o modelo de quen escoita a túa Palabra e a pon en práctica. Abre o noso corazón ao gozo da escoita e, por medio do teu Espírito, fai que sexamos lugar santo no que a túa Palabra de salvación se cumpra hoxe.

Por Cristo, noso Señor. Amén.

Comentarios

Publicacións populares