FELIZ 2021
Xa é ano novo
e non sinto nada diferente.
O clamor de cristal,
explosións de lonxe.
Xa é ano novo
e non me impuxen
propósitos para facer penitencia
por problemas con fácil solución.
Así que poñervos todos o voso mellor traxe ou vestido.
Fagamos coma se fósemos ricos só por esta vez,
acendendo petardos no xardín
mentres trinta conversacións se funden nunha.
Oxalá o mundo fose plano como antigamente,
así podería viaxar só con pregar un mapa.
Non máis avións, ou trens rápidos ou autoestradas.
Non habería distancia que nos puidese separar...
Ben Gibbard
Comentarios
Publicar un comentario