Novena á Virxe María - Día 3

 


Día terceiro:

María, una virxe crente.

 

Monición

Irmáns: una actividad fundamental de cristián nas súas relacións con Deus é a fe. A fe como acollida e aceptación da palabra de Deus, a fe como abandono radical nos brazos do Pai, a fe como crenza que tenta traducirse en boas obras.Ao longo de toda a historia da salvación ten habido moitas testemuñas da fe, moitos crentes con vidas que foron un forte testemuño da acción salvadora de Deus no mundo e na historia.Máis ningún testemuño tan fermoso e tan chegado a nós coma o de María, que soubo, coma ninguén, confesar e proclamar que todo o que ela tiña era graza e bendición de Deus. Por iso ela é a Filla de Sión, benaventurada do Señor.

 

Palabra de Deus    Lc 1, 39-47

   Naqueles mesmos días saíu María con moita présa camiño da montaña, a unha vila de Xudá. Entrouna casa de Zacarías e saudou a Sabela. E en oíndo Sabela o saúdo de María, o neno brincoulle no ventre. Entón, checa do Espírito Santo, exclamou Sabela a grandes voces:

-Bendita ti entre como mulleres e bendito o froito hacer teu ventre. Quen son eu para que me visite a nai do meu señor? Pois ao que chegou o teu saúdo aos meus oídos, brincou de alegría a criatura no meu ventre, ditosa ti que criches que se cumpriría canto che anunciaron de parte do Señor!

   Entón María exclamou:

 -A miña alma proclama a grandeza do señor, e alégrase o meu espírito en Deus, o meu Salvador.

 

Reflexión

1. Todo home ten experimentado a dor da soidade, e a alegría de sentirse comprendido e axudado. Non nos bastamos a nós mesmos, senón que precisamos a axuda doutros, sobre todo do Outro, o único capaz de encher a nosa insatisfacción e a nosa fame do Absoluto.

2.Para crer, para nos apoiarmos en Deus, temos que saír de nós mesmos, temos que rachar as ataduras que non deixan que o noso espírito se eleve. Non é preciso ver nin tocar; é preciso confiar, esperar buscar, poñerse en camiño, compartir con outras persoas como a experiencia da fe. Iso foi o que fixo María, cando visitou a Sabela; as súas situacións eran semellantes, pois as dúas foran obxecto dunha especial providencia divina.

3.María, porque sente que todo o recibiu, en vez de compracerse no eloxio de Sabela que loa a súa fe, ergue o seu corazón a Deus e, movida polo Espírito Santo, dá grazas e bendí ao Señor.

4.María representa os "pobres del Señor", e canta a esperanza de Israel, que se viu colmada. É a filla deSión, personificación do Pobo de Deus, que cre e vive na presenza de Deus que está no medio del. Salve, María chea de graza, o Señor está contigo.

5.María ensínanos a descubrir esa presenza de Deus na nosa vida de cada día, en cada acontecemento. A fe cristiá ten que levarnos a vivir esa presenza.

 

 

Preces

Proclamemos a grandeza de Deus Pai todopoderoso, que quixo que todas as xeracións felicitasen a María, a Nai do seu Fillo, e pidámoslle dicindo:

-Que a chea de graza interceda por nós.

 

*Ti que fixeches a María nai de misericordia: fai que os que viven en perigo ou están tentados sintan a súa protección maternal.

-Que a chea de graza interceda por nós.

 

*Ti que encomendaches a María a misión de nai de familia no fogar de Xesús e Xosé: fai que pola súa intercesión todas as nais promovan nos seus fogares o amor e a santidade.

-Que a chea de graza interceda por nós.

 

*Ti que fortaleciches a María cando estaba ao pé da cruz e a enchiches de gozo na resurrección do seu Fillo: levanta e fortalece a esperanza dos decaídos.

-Que a chea de graza interceda por nós.

 

*Ti que fixeches que María meditase as túas palabras no seu corazón e fose a túa escrava fiel, pola súa intercesión: fai de nós fieis servidores e discípulos dóciles do teu Fillo.

-Que a chea de graza interceda por nós.

 

*Ti que coroaches a María raíña do ceo: fai que os defuntos poidan conseguir, con todos os santos, un felicidade do teu Reino.

-Que a chea de graza interceda por nós.

 

Noso Pai que estás no ceo ...

 

Oración

Señor e noso Deus, ao teu designio someteuse una Virxe inmaculada, aceptando, cando llo anunciou o anxo, encarnar no seu seo ao teu Fillo. Ti que, por obra do Espirito Santo, a transformaches en templo da túa divindade, concédenos, seguindo o seu exemplo, a graza de aceptar os designios con humildade de corazón.

 

Por Cristo, noso Señor. Amén.

 

Comentarios

Publicacións populares