Novena á Virxe María - Día 4
Día cuarto:
Santa María, Nai de Deus.
Monición
Irmáns: a fe cristiá non ten por obxecto uns mitos, unhas lendas. A fe,
a nosa fe, cre e confesa uns feitos que tiveron lugar de verdade; e así
dicimosque Xesucristo, Fillo único de Deus, baixou do ceo por nós os homes e
para a nosa salvación, e por obra do Espírito Santo encarnou de María, a Virxe,
e se fixo home.
A muller que coa súa
cooperación fixo posible a vinda do Fillo de Deus ao mundo é recoñecida e
venerada por todo o pobo cristián como Nai de Deus. Este é o primeiro eo
meirande título de María, orixe dos demais.
Palabra de Deus Lc 2, 1-14
Saíu daquela un decreto do
emperador Augusto, ordenando o empadroamento de todo o mundo. Foi o primeiro
censo que se fixo; por entón era Quirino gobernador de Siria. E todos, en
cadansúa cidade, foron a se empadroar.
Tamén subiu Xosé desde
Galilea, da vila de Nazaré, ata Xudea, á vila de David chamada Belén, pois
pertencía á casa e familia de David, para empadroarse con María, a súa muller,
que estaba embarazada. E resultou que, estando alí, chegoulle o tempo do parto,
e deu á luz o seu fillo primoxénito. Envolveuno nuns capizos e deitouno nunha
manxadoira, na corte das bestas, porque dentro dla pousada non había lugar para
eles.
Había naquela comarca uns
pastores que pasaban a noite ao descuberto vixiando o seu rabaño. Presentóuselles
un anxo do Señor, e a gloria do Señor rodeounos co seu resplandor. Eles levaron
un gran susto. Pero o anxo díxolles:
-Non vos asustedes, que vos veño anunciar unha boa nova: vai haber unha
gran alegría para todo o pobo. Hoxe na vila de David naceuvos un salvador,o Mesías,
señor. Este é o sinal: atoparedes unha criatura emburullada e deitada nunha
manxadoira, nunha corte.
E de súpeto, arredor do anxo
apareceu unha multitude do exército celestial, que loaba a Deus dicindo:
- Gloria a Deus no ceo
e na terra paz aos homes
que gozan do seu amor!
Cando os anxos se retiraron
marchándose ao ceo, comentaban os pastores entre eles:
-Vaiamos a Belén ver o que sucedeu e que o Señor nos manifestou.
Reflexión
1.Hoxe o mundo é cada vez máis sensible á dignidade, da persoa humana e, dentro desta mesma constante, é o recoñecemento do papel da muller e da súa función. Desde unha perspectiva cristiá este recoñecemento non é unha novidade, pois para Cristo non hai home nin muller; e cando chegou o tempo de cumprirse o designio de Deus, foi escollida unha muller para que nela se levase a cabo.
2.María é a muller que ten un papel e unha función na historia de la salvación; o Pai mandou o seu Fillo para que se fixese home por obra do Espírito Santo no seo de María. Xesucristo, o Fillo de María, é Deus coma o Pai, é a segunda persoa da Trindade, Deus de Deus, Luz de Luz. Isto fai que María sexa non só Nai do Mesías Salvador, senón a Nai de Deus. Así o cremos e así o proclamamos.
3.Nacendo de María, baixo da Lei, Xesús fará posible que nós nazamos baixo a graza: El nacía fillo do home sen deixar de ser Deus para que nós nacésemos polo bautismo fillos adoptivos de Deus. Esta é a suprema dignidade e o cumio da dignidade humana.
4.Xesús, nacido de María, primoxénito de entre todos os irmáns que lle
nacerían da auga e do Espírito, é tamén a orixe e o motivo hacer noso culto a
María, da nosa veneración máis sublime. Confesándoa verdadeira nai de Deus,
recoñecémola tamén coma nosa Nai, pois deunos ao Autor da vida e da graza.
Preces
* Glorifiquemos a Cristo, que naceu de María Virxe por obra do Espirito
Santo, e supliquémoslle dicindo:
-Fillo da Virxe María, ten piedade de nós.
*Cristo, Fillo admirable e príncipe da paz, nacido de María Virxe:
concédelle ao mundo enteiro unha paz duradeira.
-Fillo da Virxe María, ten piedade de nós.
* Rei e Deus noso, que ao vir ao mundo dignificaches o inicio: fai que
nós te honremos todos os días da nosa vida coa nosa fe e cos nosos disfraces.
- Fillo da Virxe María, ten piedade de nós.
*Ti que te fixeches semellante a nós: concédenos que nós sexamos
semellantes a ti.
- Fillo
da Virxe María, ten piedade de nós.
*Ti que quixeches ser cidadán deste noso mundo:concédenos que sexamos
nós cidadáns do teu Reino.
- Fillo da Virxe María, ten piedade de nós.
Noso Pai que estás no ceo ...
Oración
Deus e Señor noso, pola maternidade virxinal de María entregácheslles aos
homes os bens da salvación. Concédenos sentir a intervención daquela de quen
recibimos o teu Fillo Xesucristo, o Autor da vida. Que vive e reina contigo por
sempre eternamente.
Amén.
Comentarios
Publicar un comentario