Velaquí veño para face túa vontade - Hebr 10, 5-10
Domingo 4 de Advento - ciclo C
CHÁMASE XESÚS
Deus veu á casa, desdicíndose da súa gloria.
Pediu permiso
ao seo dunha nena sacudido polo decreto do César
e fíxose un de nós:
un palestino de tantos na súa rúa sen número,
medio artesán de rústicas angueiras,
que ve pasar os romanos e mailos vencellos,
que morre, despois, de mala morte matada,
fóra da Cidade.
Xa sei que hai moito que o sabedes,
que volo din,
que o sabedes friamente
porque volo dixeron con palabras frías ...
Eu quero que o saibades de golpe,
hoxe quizais por vez primeira,
absortos, desconcertados, libres de todo mito,
libres de tantas mesquiñas liberdades.
Quero que volo diga o Espírito,
coma una machadazo en tronco vivo!
Quero que o sintades coma unha vaga de sangue
no corazón da rutina
en medio desta carreira de rodas enleadas
Quero que o berredes
coma un aturuxo de vitoria pola guerra perdida,
ou coma o alumado sangrante da esperanza
no leito do voso tedio,
noite adentro, apagada toda ciencia ...
Poderedes dubidar de que viñese á casa
se agardades que vos amose a patente dos prodixios,
se queredes que vos sancione a desidia da vida.
Pero non podedes negar que se chama Xesús,
con patente de pobre.
E non podedes negar que o estades esperando
coa toda carencia da vosa vida repudiada
como se espera o alento para saír da asfixia,
cando xa a morte se enroscaba ó pescozo
coma unha serpe de preguntas.
Chámase Xesús.
Chámase como nos chamariamos
se fósemos, de verdade, nós.
(Pedro Casaldáliga)
Comentarios
Publicar un comentario