13 dic. 2015

O Señor alegrouse por ti na loanza - Sof 3, 14-18a

Domingo 3 de Advento - ciclo C


QUE ALEGRÍA

Que alegría
 saber que estás da miña parte,
 faga o que faga!

Que alegría
 sentir que me aceptas como son,
 e que non necesitas que me xustifique!

Que alegría
 comprobar a túa fidelidade inesgotable,
 inamovible como a Rocha!

 Que alegría poder dicirche "Quérote!
 Que alegría descubrir que outros te aman
 e que Ti os amas, e saber que o seu amor,
 como o meu, sonche imprescindibles!

 Que alegría poder regalarche algo
 de todo o que ti me deches antes!
 Que alegría telo todo en Ti,
 non tendo eu nada!

 Que alegría me dá Xesús,
 que me queiras tanto!
 Que alegría!
                               
    José M. Garbayo



No hay comentarios:

Publicar un comentario