ORACIÓN- SEMANA 3 DE ADVENTO


PORQUE NECESITABAMOS 

ESPERANZA


GRAZAS, ADVENTO, POR SER FONTE DE ESPERANZA!
Cando a perdemos, ti devólvesnola redobrada.
Cando nos elevamos demasiado,
fasnos valorar a pequenez de cada persoa.
Cando se pechan os camiños,
ti ábresnos outros tantos carreiros.

GRAZAS, ADVENTO, POR SER OASIS DE ESPERANZA!
Porque, cando alzamos cumes entre as persoas,
ti convídasnos á fraternidade
Porque, cando os corazóns se endurecen,
oportunamente pos ti a man da dozura.
Porque, cando xorden escollos e odios,
convidas a mirar o que en Deus nos une.

GRAZAS, ADVENTO, POR SER RÍO DE ESPERANZA!
Cando corren ventos de inimizade,
a proximidade de Xesús sempre ofrece unha man.
Cando baixan augas de tormenta,
a paz do ceo calma toda tempestade.
Cando se borra toda pegada do infinito,
a túa presenza fainos buscar e mirar cara á estrela.

GRAZAS, ADVENTO, POR SER CHAFARIZ DE ESPERANZA!
Se andamos perdidos, o Señor sae ao noso encontro
Se nos sentimos sós, Deus recoñecerá os nosos nomes.
Se nos atopamos sen horizontes,
o Señor empúxanos cara ao futuro.
Se non atopamos sentido ás cousas,
o Espírito ilumínanos con sabedoría.

GRAZAS, ADVENTO, POR SER CHAMADA Á ESPERANZA!
Xa pode estar o mundo desorientado,
que ti lle abrirás unha xanela con respostas.
Xa pode estar o home errante,
ti conduciraslle cara á meta desexada.

GRAZAS, ADVENTO! ESPERABÁMOSCHE!
Andamos escasos de esperanza e cheos de problemas.
Axúdanos a ser camiño polo que veña Xesús.
Axúdanos a vixiar o gran castelo do noso corazón.
Axúdanos para achandar e acondicionar camiños torcido.
Axúdanos para que, con María, recibamos ao Grande que será pequeno.

GRAZAS, ADVENTO!




Comentarios

Publicacións populares