ORACIÓN- SEMANA 4 DE ADVENTO
DEUS ESTÁ A VIR
Deus está a vir.
El vén na súa
Palabra,
no seu Espírito
que nos dá a fe,
nos sacramentos
da Igrexa,
nas loitas e
alegrías da vida,
en cada un dos
nosos irmáns,
sobre todo nos
máis pobres e sufridos.
Hai que saber
esperar a Deus.
Hai que saber
buscar a Deus.
Hai que saber
descubrir a Deus.
E mira que hai
moitos que se cansan de esperar,
porque a vida
púxose moi dura
e os poderosos
sempre esmagan ao pobo.
E hai moitos que
non saben buscar a Deus
día a día, no
traballo, en casa, na rúa,
na loita polos
dereitos de todos,
na oración, na
festa alegre dos irmáns unidos,
e mesmo máis aló
da morte.
O millo e o arroz
están a nacer, fermosos.
Chegou o Advento.
Logo chegará o
Nadal.
Deus está a
chegar sempre.
Abramos os ollos
da fe,
abramos os brazos
da esperanza,
abramos o corazón
do amor.
Nese Deus que
sempre vén,
abrázavos o voso
irmán.
Pedro
Casaldáliga
Comentarios
Publicar un comentario