Deus vai mostrar o teu esplendor - Bar 5, 1-9
Domingo 2 de Advento - ciclo C
QUE FERMOSOS SON SOBRE OS MONTES
Sobre os montes,
os pés do teu mensaxeiro anuncian a paz,
traen unha boa nova.
Que fermosos son os seus pasos!
Aí vén, berrando: Chegou a hora!
Comeza a liberdade.
Despunta unha nova aurora.
Xa non haberá noite.
Ninguén falará máis de opresión.
A morte será enterrada para sempre.
Verdade, xustiza e amor
van da man e avanzan.
Berrar de ledicia polas terras abatidas,
berrar sobre a miseria e a opresión,
berrar con forza e prazas e mercados.
O pobo camiña, sen cesar.
Hai pedras, cravos, sangue,
conflitos, suor e vida.
E un abrente no que xorde
a palabra LIBERDADE.
QUE FERMOSOS SON OS PASOS
DE QUEN TRAE BOAS NOVAS!
Comentarios
Publicar un comentario