Sede sinceros e permanecede sen pecado para o día de Cristo - Flp 1, 4-6. 8-11

Domingo 2 de Advento - ciclo C 


QUE SEXAMOS OUSADOS, SEÑOR!

Que sexamos ousados, Señor!
 Si, ousados! e dános ter sempre:
 .... nos ollos
 capacidade para descubrir e ver a túa presenza na realidade;
 .... nos oídos
 A escoita respectuosa e atenta ás súplicas
 e gritos dos que non teñen voz;
 ....nos beizos
 unha palabra tenra e boa para os que buscan e preguntan;
 ....no rostro
 as alegrías e esperanzas
 para os que andan tristes e perdidos;
 .... nos brazos
 a resistencia e loita
 polo teu Reino aquí e agora;
 ....nas mans
 a dispoñibilidade solidaria
 e un manancial de aloumiños;
 .... nos ombreiros
 a fortaleza necesaria para cargar a débiles, cansos e feridos.
 Señor, non me quero afacer;
 faime ousado, Señor!
                                   

Florentino Ulibarri


Comentarios

Publicacións populares