Teatro de Nadal 5

AUTO DOS REIS MAGOS


VINDE AO SEU LADO

Lector 1.- Vamos¡ Espertade! ¿Non oídes esa música que atravesa a noite e brinca baixo as estrelas?

É o anuncio da gran ledicia que Deus nos trouxo á terra!

Saíde das vosas casas, espertade do voso sono, e vinde o portal, preto do neno, que descansa entre pallas!

Lector 2.- Colocádevos entre os pastores que acudiron a toda présa, e contempládeo.

El chora coma un neno de tantos.

El é o salvador que na noite do mundo acende a Luz de Deus

(Música)

¡Saíde das vosas casas, espertade do voso sono, vinde ao portal e contempládeo!

Lector 3.- Ese neno envolto en cueiros e o que vén dicir aos que están dobregados baixo o peso dos sufrimentos:

“Secade as vosas bágoas. Eu veño levar as cargas que vos esmagan”

(Música)

Lector 4.-¡Saíde das vosas casas, espertade do voso sono, vinde a portal e contempládeo!,

Ese neno arrolado docemente con tenrura pola súa nai, é o que vén dicir aos que non coñecen máis que a miseria, o desprezo e a pobreza extrema:

“Non teñades medo dos que van de poderosos. Eu estou convosco. Veño romper as vosas cadeas”.

(Música)

Lector 5.- Contemplade ese neno durmido no presebe. Agora e incapaz de pronunciar unha soa palabra e, con todo a súa Palabra percorrerá o mundo enteiro, e espertará a Vida e o Amor en toda a Terra.

¡Contempládeo: a Palabra dese neno cambiará o corazón dos homes!

¡Vinde ao seu lado, contempládeo!

(Música máis alta)

Lector 6.- Erguéronse os Magos sobre saltados pola aparición dunha estrela.

Puxéronse en camiño para unha longa viaxe. Camiñaron moito tempo cos ollos fixos na estrela.
Moi lonxe, perdido entre os campos, viron nun alpendre, un presebe cheo de palla onde repousaba un neno.

(Música)

Prostráronse perante este neno tan tenro.

Adorárono, recoñecendo nel o Salvador tan esperado.

(Música)

Rei 1.- Ese neno pequeno e tenro ¡Es ti, Señor Xesús!

Lector 1.- Es ti, Señor Xesús, ese neno deitado no presebe
que chama os homes e mulleres de todas as partes do mundo a espertarse,
para vir adorar en ti o Deus feito home.

Es ti, Señor Xesús, o que viñeches espertar os homes, mulleres e nenos,
para que a paz, a xustiza e a ledicia reinen sobre a Terra.

(Música)

Rei 2.- Es ti, Señor Xesús, o que espertas nos nosos corazóns o amor aos irmáns.

(Música)

Es ti, Señor Xesús, o que chamas os pequenos e os grandes, para acoller ao estranxeiro e para compartir o que temos cos famentos.

(Música)

Rei 3.- Es ti, Señor Xesús, o que nos ensinas a rematar coa tortura e a violencia e a defender ao inocente,

(Música)

  ESPERTADE, XENTES DO MUNDO ENTEIRO!

  ACHEGÁDEVOS, INCLINÁDEVOS, ADORADE O DEUS FEITO HOME!

  AQUÍ O TEDES!!

  EL VEU, VÉN CADA DÍA E VIRÁ AO FINAL DOS TEMPOS.

(Música máis alta)




 VER TAMÉN:

Comentarios

Publicacións populares