Santa María, Nai de Deus
SOLEMNIDADE DE SANTA MARÍA NAI DE DEUS 
PRIMEIRA Num 6, 22-27 
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DOS NÚMEROS
Invocarán o meu nome a prol dos fillos de Israel e Eu
bendicireinos 
 22O Señor faloulle a
Moisés: 23-"Dilles a Aharón e a seus fillos: desta maneira habedes 
de bendici-los fillos de Israel: 24Que o Señor te bendiga e
te garde. 25Que o Señor faga 
brillar sobre ti o seu rostro e se compadeza de ti. 26Que o
Señor che mostre o seu rostro 
e che conceda a paz. 27Eles invocarán así o meu nome en
favor dos fillos de Israel e eu 
bendicireinos". 
Palabra do Señor                             R/ Grazas a Deus
SALMO RESP. Sal 66, 2-3. 5. 6 e 8 
R/ (2a): Deus se apiade de nós e nos bendiga 
 2Deus se apiade de
nós e nos bendiga, 
móstreno-la luz da súa presencia. 
3Que se coñezan na terra os seus camiños 
e en tódolos pobos a súa salvación. 
 5Alégrense e canten
as nacións, 
porque ti gobérna-los pobos rectamente 
e guías na terra as nacións. 
 6Lóuvente, Deus, os
pobos, 
lóuvente os pobos todos. 
8Que Deus nos bendiga e que o teman 
os confíns todos do mundo. 
SEGUNDA Gal 4, 4-7 
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA CARTA DE SAN PAULO APÓSTOLO ÓS GÁLATAS
Deus mandóuno-lo seu Fillo, nacido de muller 
 Irmáns e irmás: 
4Así que chegou a plenitude dos tempos, Deus mandóuno-lo seu
Fillo, nacido de muller 
e suxeito á Lei, 5para rescata-los que estabamos baixo a Lei
e para que recibisémo-la 
profillación. 6A proba de que sodes fillos del é que Deus
mandou ós vosos corazóns o 
Espírito do seu Fillo que exclama ¡Abbá! (que quere dicir
¡meu Pai! ). 7Polo tanto, ti xa 
non es escravo, senón fillo. E, por seres fillo, tamén,
gracias a Deus, es herdeiro. 
  Palabra do Señor                             R/ Grazas a Deus
ALELUIA Hebr 1, 1-2:
En moitas ocasións Deus faloulles noutro tempo ós nosos pais
por medio dos profetas, 
ultimamente falounos por medio do Fillo 
 EVANXEO Lc 2, 16-21 
PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO LUCAS
Encontraron a María e a Xosé e ó neno. E despois de oito
días puxéronlle de nome Xesús. 
16Foron os pastores a correr ata Belén e atoparon a María e
mais a Xosé, e á criatura 
deitada na manxadoira. 17O que o viron, contaron todo o que
lles dixeran do meniño, 
18deixando pasmados a cantos escoitaban o que tal dicían os
pastores. 19María, pola 
súa parte, conservaba todas estas cousas no seu corazón.
20Os pastores voltaron, 
glorificando e louvando a Deus por canto viran e oíran, tal
como lles fora anunciado. 
21Os oito días tocaba circuncida-lo neno e puxéronlle de
nome Xesús, tal como o 
chamara o anxo antes da súa concepción.
Palabra do Señor                             R/ Loámoste, Cristo
Remol da palabra + Santa María, Nai de Deus

TOMADO DE: 
POWER POINTS
Sta María, Nai de Deus - Bene Pagola
VER TAMÉN:
http://escoladeespiritualidade.blogspot.com.es/2015/12/1-de-xaneiro-solemnidade-de-santa-maria.html


Comentarios
Publicar un comentario