Youcat en galego
Ola a todos:
Durante moito tempo rondábame na cabeza que estaría pasando co Youcat en Galicia que non acababa de arrancar, cando despois de Pentecostés chamoume Benito Rodríguez, o Delegado de Pastoral Xuvenil da miña diócese de Tui-Vigo -e volvín recordar vellos tempos de cando estaba na Coordinadora Xuvenil Diocesana-, para animar un pouco a cousa, mirei no proxecto pastoral do ano 2012-2013 (http://www.diocesetuivigo.org/areapastoral/xuvenil.pdf) e vin que a cousa estaba pendente de se "había demanda", así que decidín poñer a cousa a funcionar e díxenlle que demanda había, pero que había que poñerse a traballar.
.jpg)
A reunión dos bispos estaba prevista para o Día do Apóstolo... e xa sabedes o que pasou, así que aínda estamos pendentes de ver como vai a cousa, e, a maiores, o noso bispo cambiou este mes o Delegado Xuvenil...
En fin, agradecería as vosas oracións para que todo siga adiante como pensamos e tamén que vos apuntedes ou que animedes a outros a facelo. Persoalmente faime moita ilusión e todos cos que falei están moi animados, seriamos a lingua nº35 do Youcat (pode que tardasemos de máis, non credes?)...
Ánimo!! Seguimos na loita!!
P.D. Déixovos co vídeo que arranxei como puiden, tendo en conta que son "inútil dixital"...
Comentarios
Publicar un comentario