16 DE AGOSTO - SAN ROQUE

San Roque naceu en Montpellier, Francia, no século XIV, dunha familia sumamente rica. Mortos os seus pais, vendeu tódalas súas posesións, repartiu os cartos entre os pobres e foise coma un pobre peregrino hacia Roma a visitar santuarios.

Nese tempo espallouse a peste de tifus e a xente morría a moreas por todas partes. Roque adicouse entón a atender aos máis abandoados. A moitos logrou conseguirlles a curación con só facerlles o sinal da Santa Cruz sobre a súa fronte. A moitísimos axudou a ben morir, e el mesmo lles facía fa sepultura, porque ninguén se atrevía a acercárselles por temor ao contaxio. Con todos practicaba a máis exquisita caridade. Así chegou hasta Roma, e nesa cidade adicouse a atender aos máis perigosos dos apestados.

Un día mentres atendía a un enfermo grave,sentiuse tamén el contaxiado da enfermidade. O seu corpo encheuse de manchas negras e de úlceras. Para non ser molesto a ninguén, retirouse a un bosque solitario. Entón un can dunha casa importante da cidade empezó a tomar cada día un pan da mesa do seu amo e irse ao bosque a levarllo a Roque. Despois de varios días de repetirse o feito, ó dono entroulle a curiosidade, e seguiu os pasos do can, ata que atopou í pobre enfermo no bosque. Levou a Roque á súa casa e curoulle das súas chagas e enfermidades.

Apenas sentiuse curado, Roque volveu a  Montpellier, pero ó chegar á cidade, que estaba en guerra, os militares confundírono cun espía e o apresaron. E así estivo 5 anos na prisión, consolando ós demáis prisioneiros e ofrecendo as súas penas e humillacións pola salvación das almas. Morreu o 15 de agosto de 1378.




Comentarios

Publicacións populares