Para quen será todo o que fixeches? - Lc 12, 13-21

Domingo 18 de Ordinario - ciclo C


ORACIÓN PARA EVITAR A COBIZA

Pai, Pai bo, Pai de todos,
que a todos nos chamas ávida irmandada;
canto desexo aprender de ti
a sabedoría do Evanxeo!

Case todo me invita a ter e a consumir,
e a atesourar bens con cobiza:
canto desexo aprender de ti
a ser sinxelamente pobre!

Onde moitos falamos do pracer de consumir,
ti fálasnos da alegría fonda do pouco:
canto desexo beber na túa fonte
estas augas ledas e revitalizadoras!

Todos nos invitan a facer pechaduras
para gardarnos celosamente a nós e ao noso:
canto desexo ver medrar onda Ti as miñas mans
para darme e dar do meu xenerosamente!

Non quero atesourar riquezas para min
aínda que por veces ben mo pide o corpo:
canto desexo ser rico para ti, Pai,
compartindo coma Ti os meus bens co pobre! 


Comentarios

Publicacións populares