24 de agosto - S. Bartolomeu Apóstolo
Como xa sabedes, os que seguides este blog,
continuamos coas fichas das vidas dos apóstolos.
Os debuxos son de http://dibujosparacatequesis.blogspot.com.es/
e os versos deste blog.
Naceu en Caná de Galilea, e foi un dos doce apóstolos de Xesús. Parece que Bartolomeu é un sobrenome ou segundo nome que lle foi engadido ao seu antigo nome que era Natanael. Moitos autores cren que o personaxe que o evanxelista san Xoán chama Natanael, é o mesmo que outros evanxelistas chaman Bartolomeu. Porque san Mateo, san Lucas e san Marcos cando nomean ao apóstolo Felipe, colócanlle como compañeiro de Felipe a Natanael.
O evanxeo de san Xoán (Xn 1, 43-51) narra que Bartolomeu ou Natanael coñeceu a Xesús por recomendación de Felipe, quen despois de atoparse co Señor, foi transmitilo inmediatamente ao seu amigo e a convidalo a coñecelo. Ao principio Bartolomeu sorprendeuse de que o Mestre puidese ser de Nazaret, pero ao atoparse con Xesús e escoitalo quedou convencido do que lle transmitiu Felipe.
Desde entón Bartolomeu foi un discípulo incondicional de Cristo. Cos outros 11 apóstolos presenciou os admirables milagres de Xesús, ouviu os seus sublimes ensinos e recibiu o Espírito Santo en forma de linguas de lume.
Despois de Pentecostés, viaxou a Mesopotamia, Licaonia, Frigia, India e finalmente Armenia onde converteu ao rei Polimio e onde sufriu o martirio. O martirizaron quitándolle a pel, e despois cortáronlle a cabeza.
Resumo de : http://dibujosparacatequesis.blogspot.com.es/
Comentarios
Publicar un comentario