Ficha e Lectio - Domingo 22 Ord C






Para axudarche na lectura atenta: 
Escolle unha frase do texto, que che impacte, que che diga algo especial; repítea varias veces. Por exemplo:
-Ao ver Xesús como os invitados escollían os asentos de honra na mesa
- Non te sentes no lugar principal
- Sentar no último lugar
- O que a si mesmo se engrandece, será humillado; e o que se humilla, será engrandecido
- Cando ti deas un banquete, convida os pobres, os inválidos, os cojos e os cegos
- Serás feliz? Ti terás a túa recompensa o día en que os xustos resuciten

Algunhas consideracións para unha lectura proveitosa 
Xesús actúa con liberdade mesmo cando é vixiado (v. 1), e ensinaa cunha parábola a partir do que ve ó seu redor (v. 7). Xesús non fai teoría, senón que reflexiona a partir duns feitos, para ensinar aos que lle rodean, para mostrarlles o que verdadeiramente agrada a Deus. 
Nun primeiro momento fala a quen é convidado a unha voda (vv. 8-11), para despois falar ao anfitrión (12-14). Ao invitado, Xesús pídelle humildade; ao anfitrión pídelle esperar a recompensa do Pai. Ante ambos, Deus móstrase como modelo que convida a non discriminar ás persoas. O convida a todos a participar do banquete preparado.

Convida Xesús a finxir? 
Xesús convida os discípulos non a unha falsa humildade, a de quen aparenta modestia para lograr a ser o primeiro, senón a unha auténtica humildade como o ensinou noutros momentos ("o que queira ser o primeiro que sexa o último e o servidor de todos"; "eu estou no medio de vostedes como o que serve"). Pero, sobre todo, convídanos Xesús a ser xenerosos e compartidos cos pobres, con quen non nos poden recompensar polo ben recibido. 
Ás Benaventuranzas Xesús no capítulo 6, podemos engadir outras que están ao longo do Evanxeo. Unha, e moi bela, atopámola aquí: 
 "Serás feliz. Pois eles (os pobres) non che poden pagar, pero ti terás a túa recompensa o día en que os xustos resuciten?. Quizá poderiamos interpretala así: "Ditoso o que dá sen esperar nada a cambio" ou "Ditoso o que espera a recompensa da resurrección". 

Comecemos a nosa meditación coas palabras do Papa Francisco:
Non hai que descartar a ninguén. Lembrémolo sempre: só cando se é capaz de compartir, chega a verdadeira riqueza; todo o que se comparte, multiplícase. Pensemos na multiplicación dos pans de Xesús. A medida da grandeza dunha sociedade está determinada pola forma en que trata a quen está máis necesitado, a quen non ten máis que a súa pobreza.

"Queridos amigos, certamente é necesario dar pan a quen ten fame; é un acto de xustiza. Pero hai tamén unha fame máis profunda, a fame dunha felicidade que só Deus pode saciar. Fame de dignidade. Non hai unha verdadeira promoción do ben común, nin un verdadeiro desenvolvemento do home, cando se ignoran os alicerces fundamentais que sosteñen unha nación, os seus bens inmateriais: a vida, que é un don de Deus, un valor que sempre se ha de tutelar e promover; a familia, fundamento da convivencia e remedio contra a desintegración social; a educación integral, que non se reduce a unha simple transmisión de información co obxectivo de producir ganancias; a saúde, que debe buscar o benestar integral da persoa, incluíndo a dimensión espiritual, esencial para o equilibrio humano e unha sa convivencia; a seguridade, na convicción de que a violencia só se pode vencer partindo do cambio do corazón humano"

Nun ambiente en que prima buscar o propio interese, esquecendo aos demais, Xesús convídanos a ser sinxelos, a non aspirar a altas pretensións. Nunha contorna onde sempre queremos gañar, e obter algún beneficio, convídasenos a compartir de maneira gratuíta. Recuperemos o sentido da gratuidade! 
Hoxe por todo o que facemos queremos cobrar, perdemos a capacidade de facer ou de dar de maneira gratuíta. Hai algúns anos aínda falabamos de traballo voluntario, de faenas voluntarias?

Agora preguntémonos: 
Cando aspirei aos primeiros postos? En que momentos pretendo os últimos postos? Din sen esperar nada a cambio? Fixen o ben aos pobres?...


Comentarios

Publicacións populares