Feliz o pobo que o Señor escolleu como herdade - Salmo 32
Domingo 19 de Ordinario - ciclo C
DESEXOS DE IRMANDADE
Quen me dese, Pai,
un corazón de pobre
para agradecer cada día o teu Reino!
Quen me dese
liberdade abonda para compartir
e así crear cada día a irmandade!
Quen me dese tamén
estar sempre alerta e disposto
para non perder ningunha oportunidade
de medrar e axudar a medrar cara ó Reino!
Quen me dese, Pai,
quen me dese poder gozar cada día
do servizo amoroso do teu pan
na mesa santa da xustiza realizada!
Quen me dese
estar sempre preparado
para abrirche cando chegues,
e entres e o renoves todo!
¡Quen me dese, Pai,
ser serio comigo mesmo e cos demais
para que nada se perda min se estrague
e todos poidan celebrarte
coma Pai bo que mimas os teus pobres!
Comentarios
Publicar un comentario