O Señor é o noso agarimo ao longo das xeracións - Salmo 89

Domingo 18 de Ordinario - ciclo C


LOANZAS NO VERÁN

Que bonita a nosa Terra
chea de froitos e flores!
Que fermosos son os brazos
que a traballan con suores!

Que bonito recoller
o froito que sementamos!
Que fermoso compartir
o que xuntos traballamos!

No ceo temas un Pai
moi celoso de que a vida
chegue para todos igual
sen que haxa xente perdida.

Xesús é o noso irmán,
bo compañeiro e amigo,
co seu Espírito alenta
o nasa andar paseniño.

Polo traballo que facemos,
e os froitos que recollemos.

DAMOSCHE GRAZAS, SEÑOR.

Pola axuda que nos dan
e a que damos coa nosa man.

Polas palabras de alento,
polas horas de contento.
Polos veciños de a diario,
polos visitantes extraordinarios

Por Galicia, a nosa Terra,
pola xente que vive nela.
Por ti mesmo, bo Señor,
de todos nós valedor.

DAMOSCHE GRAZAS, SEÑOR. 



Comentarios

Publicacións populares