Domingo 19 de Ordinario - ciclo C
19º DOMINGO DO
TEMPO ORDINARIO - CICLO C
Primeira Lectura Sab 18, 6-9
LECTURA DO LIBRO
DA SABEDORÍA
Co mesmo feito co que castigabas os
adversarios,
déchesnos sona convocándonos a ti.
déchesnos sona convocándonos a ti.
Aquela
noite fóralles anunciada de antemán aos nosos pais
de modo que, sabendo de certo a
que promesas deran creto,
se sentisen fortes.
O
teu pobo estaba xa á espera
da salvación dos xustos e do
exterminio dos inimigos;
co mesmo feito co que castigabas os
adversarios
déchesnos sona convocándonos a
ti.
Ás
agachadas facían sacrificios os piadosos fillos dos xustos
e, postos de acordo, impuxeron
esta divina lei:
que os santos compartisen por
xunto os bens e os perigos
‑ ao tempo que xa entoaban os
himnos dos antepasados ‑.
Palabra do Señor R/.
Grazas a Deus
SALMO
RESPONSORIAL Sal 32, 1 e 12. 18-19. 20 e 22
R/. (12b):
Feliz o pobo que o Señor escolleu como herdade.
Alegrádevos, xustos, no Señor:
ós homes rectos acáelles loarte.
Feliz a nación que recoñece a
Deus por Señor,
o pobo que El escolleu como herdade.
Os ollos do Señor están postos
nos que o temen,
nos que esperan na súa
misericordia,
para librar as súas vidas da
morte,
para os manter no tempo da
miseria.
Nós agardamos o Señor:
El é o noso socorro, o noso
escudo.
Veña a nós, Señor, a túa misericordia,
como de ti o esperamos.
Segunda Lectura Heb 11, 1-2. 8-19 (longa)
LECTURA DA CARTA
AOS HEBREOS
Agardaba aquela cidade da que o
arquitecto e construtor é Deus.
Irmáns:
A
fe é un anticipo do que se espera e a proba convincente das cousas que non se
ven. Pois en razón dela testemuñou Deus
dos nosos devanceiros.
Deus
chamou por Abrahán, e este, movido pola fe, obecedeuno e saíu para un lugar que
había de recibir en posesión, sen saber onde ía.
Movido
pola fe, emigrou á terra prometida, como se fose terra allea, habitando en
tendas de campaña, e o mesmo Isaac e Xacob, herdeiros da mesma promesa.
Agardaba aquela cidade con bos cimentos, da que o arquitecto e construtor é
Deus.
Pola
fe e por considerar fiel ao que lle fixera a promesa, recibiu poder para fundar
descendencia, fóra xa da idade axeitada e con ser Sara estéril. Deste xeito,
dun só e xa caduco para estas cousas, naceu un mundo de fillos, coma as
estrelas do ceo e coma a area incontable da ribeira do mar.
Todos
estes morreron con fe, sen chegaren a conseguir as promesas, pero albiscáronas
e saudáronas desde lonxe e confesaron que eles eran só estranxeiros e
peregrinos nesta terra. Ao diciren estas cousas, daban a entender que
degoiraban unha patria. Pois se lles acordaba aquela patria de onde saíran,
estaban a tempo de se volveren.
Pero
máis ben suspiraban por outra patria mellor: a celestial. Por iso Deus non se
avergonza de que o chamen o seu Deus, xa que lles preparou unha cidade.
Pola
fe Abrahán, posto a proba, ofrendou a Isaac: o que recibira de Deus as
promesas, cando se lle dixo: "por Isaac terás descendencia", ofrendou
o seu único fillo, pensando que Deus é poderoso, incluso para resucitar os
mortos. Por iso recobrouno tamén como figura misteriosa.
Palabra do Señor R/. Grazas
a Deus
__________________________________________________
Ou: 1-2. 8-12
(máis breve)
LECTURA DA CARTA
AOS HEBREOS
Irmáns:
A
fe é un anticipo do que se espera e a proba convincente das cousas que non se
ven. Pois en razón dela Deus testemuñou
dos nosos devanceiros.
Deus
chamou por Abrahán, e este, movido pola fe, obecedeuno e saíu para un lugar que
había de recibir en posesión, sen saber onde ía.
Movido
pola fe, emigrou á terra prometida, como se fose terra allea, habitando en
tendas de campaña, e o mesmo Isaac e Xacob, herdeiros da mesma promesa. Agardaba aquela cidade con bos
cimentos, da que o arquitecto e construtor é Deus.
Pola
fe e por considerar fiel ao que lle fixera a promesa, recibiu poder para fundar
descendencia, fóra xa da idade axeitada e con ser Sara estéril.
Deste
xeito, dun só e xa caduco para estas cousas, naceron un mundo de fillos, coma
as estrelas do ceo e coma a area incontable da beira do mar.
Palabra do Señor R/.
Grazas a Deus
ALELUIA Mt 24, 42a. 44
Se non se canta, pódese omitir.
Aleluia, Aleluia.
Vixiade e estade preparados
porque á hora que non pensades
virá o Fillo do Home.
Aleluia.
Evanxeo Lc 12, 32-48 (longa)
LECTURA DO SANTO
EVANXEO SEGUNDO LUCAS
E vós, estade preparados
Naquel
tempo, díxolles Xesús aos seus discípulos:
-
Non teñas medo, miña grea pequena, que o teu Pai compraceuse en darche o Reino.
Vendede os vosos bens e dádeos en esmola, facede bolsas que non se estraguen,
un tesouro inesgotable no ceo, onde o ladrón non pode chegar e onde a traza non
o bota a perder. Pois onde está o teu tesouro, estache o teu corazón.
Tede
posta a roupa de traballo e as lámpadas acesas; sédeme coma os que agardan que
volva o seu amo da voda, para que, cando chegue e chame, lle poidan abrir.
Ditosos os criados a quen o amo atope agardando cando chega.
Tede
por certo que poñerá a roupa de traballo, sentaraos na mesa e serviraos un por
un. Sexa pola anoitecida ou sexa pola alborada, se os atopa así, felices eles.
Entendede
ben: se o dono da casa soubese a que hora vai chegar o ladrón, non permitiría
que lle asaltasen a casa. Así tamén: estade vós preparados, porque á hora menos
pensada ha vir o Fillo do Home.
Díxolle
Pedro:
‑
Señor, a parábola que acabas de contar vai por nós ou por todos en xeral?
Contestoulle
o Señor:
‑
Quen é, logo, o administrador fiel e prudente, a quen o seu señor encargará o
coidado de dar no seu tempo a ración de trigo á servidume? Ditoso o criado
aquel, a quen o seu amo, cando chega, o atopa cumprindo coa súa tarefa! Tede
por seguro que lle encomendará toda a facenda.
Pero
se o criado aquel di para si: "O amo aínda non vén para agora" e
empeza a mallar nos criados, comendo e bebendo ata se emborrachar; o día menos
pensado e á hora máis imprevista, chegará o amo do criado aquel, e botarao fóra
cos infieis. O criado que, coñecendo as vontades do amo, non ten todo preparado
nin feitas as cousas como a el lle gustan, levará moitos paus; pero o que non
os coñece, aínda que faga algo que mereza castigo, levará poucos.
A
quen moito se lle dá, moito se lle esixirá; e a quen moito se lle confía, moito
se lle pedirá.
UNHA
ESPERA ACTIVA E COMPROMETIDA. A NECESIDADE DE DEIXAR ATRÁS OS CÁLCULOS
MATEMÁTICOS DO POSIBILISMO PARA ACTUAR ACOLLENDO A REVOLUCIÓN QUE O ESPÍRITO
VAI DEIXANDO EN NÓS
TOMADO DE : http://remoldapalabra.blogspot.com.es/
PÓRTICO
Hai
uns días, o papa Francisco asinou un texto, encíclica, no que quere transmitirnos
que a fe é sempre luz. Unha luz que abre camiños e vai facendo posible que os
que a seguen non se perdan. Toda unha invitación para os que nos chamamos
seguidores de Xesús!. Se non somos capaces de vivir a fe como a luz que nos vai
levando á plenitude da que nos fala Xesús, dificilmente poderemos entender as
palabras do evanxeo que constantemente nos invitan a facer da nosa vida un
canto de solidariedade e amor para cos demais.
Sen a luz da fe, a tebra pouco a pouco
acaba por imporse na vida. E ben sabemos que cando esta chega, asenta en nós e
é moi difícil de afastar. Na maioría das ocasións, a tebra chega para quedar. Por
iso Xesús insiste unha e outra vez en que a fe ten que ser esa luz que
acompañe, acolla, anime, achegue e nos abra a atoparnos cos demais, evitando
pecharnos, de xeito individualista e insolidario, en nós e nas nosas lideiras.
Deixemos logo que esa luz impregne o
noso corazón, o noso pensamento e as nosas accións. Fagámolo sen présa,
saboreando e gustando da palabra e dos feitos que Xesús tanto loitou por
mostrarnos e transmitirnos e afastémonos da tentación de converter a fe en algo
impositivo, oco de sentido e cheo de ritos, que nos secan interiormente e nos
converten en fundamentalistas totalitarios.
O PERDÓN
*
Señor, afástanos da tentación de vivir a fe con medo, SEÑOR, QUE ACOLLAMOS A TÚA LUZ.
*
Cristo, que non caiamos na tentación de vivir a fe coma
imposición, CRISTO, QUE ACOLLAMOS A TÚA LUZ.
*
Señor, que non nos deixemos levar nin das présas nin da
impaciencia, SEÑOR, QUE ACOLLAMOS A TÚA LUZ.
REMUÍÑO
ü Cando
rezamos desde os textos da palabra de Deus, e máis alá da necesidade de superar
a tentación de lelos de maneira literal e convertelos en xustificación das
nosas teimas, temos que partir da premisa de que é Deus o que se achega a nós.
Non son as nosas teimas nin as nosas accións as que entenrecen o seu corazón.
El non necesita entenrecerse, porque nos quere desde sempre, desde a primeira
hora; non necesita dos nosos sacrificios, das nosas promesas nin das nosas
renuncias para querernos e acollernos como somos. Que Deus cruel sería ese que
só abrandase o corazón se lle pagamos para que conceda canto lle pedimos? A
pouco que o pensemos, descubririamos que nunca podería ser un Deus amor; ao
contrario, sería un deus sádico, malévolo e interesado. Pero non, o Deus de
Xesús, non é así. El dá o primeiro paso, sae ao noso encontro, atópase e chama
por nós. E todo, por amor. Non temos que conquistar o corazón de Deus con dor e
sufrimento. El xa conquistou o noso por amor, por iso nos chama, nos quere e
nos acompaña. Escolleunos!
ü Un
anticipo do que vai ser a plenitude dese amor que El nos ten vivímolo a través
da fe. Logo, esta non é un concepto teórico, pechado e abstracto, senón unha
resposta persoal a unha invitación. A invitación que El nos fai de acollelo e
seguilo. Como podemos facelo?. A resposta descubrímola se somos capaces de
fixar a nosa atención nos textos da palabra que cada día imos proclamando nas
celebracións. A súa palabra vainos mostrando que a salvación na que camiñamos,
e que un día viviremos en totalidade ao seu lado, vaise desenvolvendo cada día
por medio do noso actuar, das actitudes que imos pondo en práctica cos demais e
con nós. Esas actitudes fannos percibir a súa tenrura, o seu agarimo... e o que
é máis importante, a súa presenza en cada unha das cousas que facemos ben, no
esforzo por non deixarnos superar pola tentación do presentismo, do “agora e xa“ no que tantas veces caemos
e nos impide percibir as cousas con perspectiva, gustar delas, saborealas pouco
a pouco. A fe non é un remedio milagroso, senón o pisco de sal que vai facendo
saboroso o actuar e o sentido que lle imos dando a ese actuar. Por iso é
anticipo do que esperamos en plenitude: un anticipo da salvación. Como Abrahán,
tamén nós somos invitados -sen présa, gozando das cousas ben feitas-, a
confiar, a deixar a un lado a tentación materialista que cre ter resposta para
todo, para comezar a construír bos cimentos que nos axuden a valorar a
importancia da paciencia como actitude desde a que crecer e atoparnos con El,
ao facelo cos irmáns. E que mellor arquitecto que Deus para axudarnos a
proxectar este edificio? El ofrécenos os planos. A nós correspóndenos levantar
o edificio.
ü Canto
vimos dicindo lévanos a ter moi en conta a necesidade de non deixar as cousas
para a última hora. Tal e como fan os malos estudantes; temos que vencer a
tentación da présa do último momento; debemos esforzarnos por superar a
preguiza de non facer nada porque inda hai tempo. O edificio que Deus deseñou
hai que ilo levantando desde xa, para que as présas non nos leven a utilizar
malos materiais, que co paso do tempo deterioren a construción. Os mellores
materiais son os valores que nos
invita a vivir e a non renunciar a eles, inda que moitos, mesmo a maioría,
renuncien. Os mellores materiais son os que fan que non cansemos inda que
andemos a modo, e non caiamos na tentación de apurar facendo trampas,
enganando, mentindo ou utilizando aos demais segundo a comenencia. Temos que
estar preparados para non chegar tarde, sabendo que o mellor tesouro non está
nin fóra nin lonxe de nós, senón “no noso corazón“, pero é necesario que o
descubramos, que o saibamos. Porque quen non coñece, dificilmente pode actuar;
e quen non actúa, convértese nun aproveitado e nun parasito. E iso non é o que
quere Deus de nós. Hai que saber prender ao seu tempo as lámpadas para que dean
luz, e deste xeito nin nos perdamos nin nos firamos por dar contra do que nos
manca. E as lámpadas das que nos fala Xesús, son as que nos chaman a abrir
camiños novos, sen medo e con ilusión; son as que non deixan que miremos atrás
con nostalxia e nos deixemos levar do medo que impide mirar ao hoxe sen
desconfianza e dispostos a unir mans e esforzos por facer do ser humano o
centro da vida. E nisto, a luz da fe, si que nos achanda moito o camiño.
ORACIÓN DA COMUNIDADE
Prendamos as lámpadas da oración comunitaria que nos
invitan a unir palabra e corazón e digamos:
QUE NON FAGAMOS DA FE RESIGNACIÓN
û Para
que aprendamos a construír entre todos unha Igrexa que sexa comunidade, diálogo, entendemento e servizo a unha
mellor e maior humanización do mundo, OREMOS.
QUE NON FAGAMOS DA FE RESIGNACIÓN
û Para
que nos esforcemos nas nosas comunidades
parroquiais por ser testemuño renovador do evanxeo, sabendo levar paz a quen
vive na violencia e tenrura a quen vive no desasosego, OREMOS.
QUE NON FAGAMOS DA FE RESIGNACIÓN
û Para
que fagamos por camiñar sempre por vieiros que nos acheguen aos demais, para
evitar caer no individualismo insolidario e no egoísmo deshumanizador, OREMOS.
QUE NON FAGAMOS DA FE RESIGNACIÓN
Grazas, Señor, por querer ser a luz que ilumine o camiño
da vida para axudarnos a descubrir a necesidade de aprender a poñernos no lugar
do outro e para afastarnos da tentación de caer na tebra que escurece e
desorienta.P.X.N.S. Amén.
PARA A REFLEXIÓN
Queremos seguirte, Señor, no medio deste mundo;
queremos seguirte no medio de tantas dificultades,
no medio dunha sociedade que pasa cada vez máis de ti;
no medio de tanta xente que, sen sabelo,
está famenta e necesitada de algo que a encha de verdade.
Queremos seguirte, Señor,
porque sabemos que precisas de nós para crear un mundo
onde reine cada vez máis a xustiza, o amor e a paz;
un mundo onde todos se poidan chamar algún día irmáns de verdade;
un mundo onde todos te recoñezan e se acheguen de novo a ti;
un mundo onde a única lei sexa amarnos coma ti nos amas.
Hoxe, Señor, queremos renovar a nosa opción por ti.
Queremos dicirche que segues sendo importante na nosa vida,
que te necesitamos.
Queremos dicirche que sen ti estaríamos perdidos e desorientados
porque ti es luz para os nosos ollos e calor para a nosa alma.
Sabemos, Señor, que terte no centro da nosa vida non é fácil,
que as dificultades afloraran sen nós buscalas.
Algunhas veces serán os que nos rodean que me invitarán a deixarte;
outras, será a nosa preguiza, a nosa comodidade, o noso orgullo, o noso «eu».
A pesares de todo, queremos lanzarnos no baleiro,
queremos apostar por ti.
Porque sabemos que só quen aposta nesta vida é capaz de gañar algo;
porque sabemos que seguirte é facer un exercicio de confianza total
e nós estamos dispostos a realizalo...
porque ti non nos vas defraudar.
Queremos seguirte, Señor, no medio deste mundo;
queremos seguirte no medio de tantas dificultades,
no medio dunha sociedade que pasa cada vez máis de ti;
no medio de tanta xente que, sen sabelo,
está famenta e necesitada de algo que a encha de verdade.
Queremos seguirte, Señor,
porque sabemos que precisas de nós para crear un mundo
onde reine cada vez máis a xustiza, o amor e a paz;
un mundo onde todos se poidan chamar algún día irmáns de verdade;
un mundo onde todos te recoñezan e se acheguen de novo a ti;
un mundo onde a única lei sexa amarnos coma ti nos amas.
Hoxe, Señor, queremos renovar a nosa opción por ti.
Queremos dicirche que segues sendo importante na nosa vida,
que te necesitamos.
Queremos dicirche que sen ti estaríamos perdidos e desorientados
porque ti es luz para os nosos ollos e calor para a nosa alma.
Sabemos, Señor, que terte no centro da nosa vida non é fácil,
que as dificultades afloraran sen nós buscalas.
Algunhas veces serán os que nos rodean que me invitarán a deixarte;
outras, será a nosa preguiza, a nosa comodidade, o noso orgullo, o noso «eu».
A pesares de todo, queremos lanzarnos no baleiro,
queremos apostar por ti.
Porque sabemos que só quen aposta nesta vida é capaz de gañar algo;
porque sabemos que seguirte é facer un exercicio de confianza total
e nós estamos dispostos a realizalo...
porque ti non nos vas defraudar.
CANTOS
- LECTURAS: Sede o sal, sede a luz
- OFERTORIO: Benaventurados
- COMUÑÓN:
Non vou so
Comentarios
Publicar un comentario