Domingo 18 de Ordinario C
18º DOMINGO DO TEMPO ORDINARIO CICLO C
Primeira Lectura Ecl 1, 2; 2,
21-23
LECTURA DO LIBRO DO ECLESIASTÉS
Que lle aproveita ao home todo o
seu labor?
Vaidade de vaidades ‑di
Qohélet‑ un lene sopro, un breve aire é todo.
Pon por caso un home que
lle debe o que gañou ao seu saber,
prudencia e éxito, e que o teña que deixar en herdanza a un que non o
traballou. Évos tamén un gran sen sentido e gran mal.
Abofé, que tira un
home tal de todo o seu esforzo e de darlle voltas ao maxín, traballando baixo o sol?
"Dores todos os días,
molestias do seu
trasfegar,
noites en branco
matinando",
E isto sonvos tamén
andrómenas!
Palabra
do Señor R/.
Grazas a Deus
SALMO RESPONSORIAL Sal 89, 3-4.
5-6. 12-13. 14 e 17
R/. (1): O Señor é o noso agarimo ao longo das xeracións.
Ti repós no po os mortais,
con dicirlles: "volvede, fillos de Adán".
Mil anos son ante ti
coma o día de onte que pasou,
coma unha vixilia da noite.
Ti falos pasar, e son coma sono mañanceiro;
son coma herba que agroma:
de mañá florece e verdea,
á tarde ségana e seca.
Ensínanos a contar os nosos días,
para que acheguemos o corazón á sabedoría.
Volve, Señor. Por canto aínda?
Apiádate dos teus servos.
Dános de mañá a fartura da túa misericordia,
para que teñamos felicidade e ledicia toda a nosa vida.
Que a bondade do Señor, o noso Deus, sexa connosco,
que el consolide as obras das nosas mans.
Segunda Lectura Col 3, 1-5.
9-11
LECTURA DA CARTA DO APÓSTOLO SAN PAULO AOS COLOSENSES
Buscade as cousas de alá enriba, onde está Cristo
Irmáns:
Se resucitastes con
Cristo, buscade as cousas de alá enriba, onde Cristo está sentado á dereita de
Deus; arelade o de arriba e non o da terra.
Vós morrestes e a vosa
vida está agachada con Cristo en Deus. Cando se manifeste Cristo, que é a vosa
vida, daquela tamén vós vos manifestades con El cheos de gloria.
Así que, dádelle morte
a todo canto tedes de terreal: a fornicación, a inmoralidade, a paixón, os
malos desexos e a cobiza, que é unha idolatría.
Non vos mintades uns a
outros, xa que vos espistes do home vello cos seus malos feitos e vos
revestistes do home novo, que se vai anovando conforme a imaxe de quen o creou,
para chegar a un coñecemento total.
Alí xa non hai máis
nin grego nin xudeu, circuncisión nin non circuncisión, estranxeiro nin bárbaro,
escravo nin libre, senón que Cristo é todo en todos.
Palabra
do Señor R/.
Grazas a Deus
ALELUIA Mt 5, 3
Se non se canta, pódese omitir.
Aleluia, Aleluia.
Ditosos os pobres no espírito
porque deles é o reino dos ceos.
Aleluia.
Evanxeo Lc 12, 13-21
LECTURA DO SANTO EVANXEO SEGUNDO LUCAS
Para quen será todo o que fixeches?
Naquel tempo, díxolle
a Xesús un que estaba entre a xente:
‑ Mestre, dille a meu
irmán que reparta a herdanza comigo.
El contestoulle:
‑ Home, quen me nomeou
xuíz ou testamenteiro entre vós?
E logo díxolle á
xente:
‑ Atención: gardádevos
da cobiza, que por moito que un teña non por iso a súa vida depende dos seus
bens.
E propúxolles unha
parábola:
‑ As terras de certo
home rico déranlle moito froito. Púxose entón a cavilar: "Como vou facer,
que non teño onde meter o froito?" E dixo: "Xa o sei: vou desfacer os
meus celeiros, e constrúo outros máis grandes e alí meto o trigo todo e todos
os meus bens. Logo direime a min mesmo: Amigo, xa tes aí reservas para moitos
anos; descansa, come, bebe e, a vivir!" Pero Deus díxolle:
"Insensato, esta mesma noite váiseche reclamar a túa vida: para quen será
todo o que fixeches?"
Así é quen atesoura
riquezas para si, pero non é rico para Deus.
Palabra
do Señor R/.
Loámoste, Cristo
ENCHER
A VIDA OU VIVIR A VIDA?
PÓRTICO
Estamos inmerso s no mundo da
publicidade, de anuncios engaiolantes, de carteis provocativos no que todo e
todos nos invitan a consumir, a vivir ao día, a valorar o que ternos na medida
en que o gastamos. E poderemos consumir se somos quen de acumular ben e cartos
a calquera prezo: o importante é ter para consumir. Sen damos conta, entramos
nunha dinámica de deshumanización poñendo como centro da nosa vida os cartos, o
ter ... por riba doutros valores como son a amizade, o diálogo, a natureza, o
ocio, a cultura a arte ... xa que estes quítannos tempo e forzas.
Hoxe a celebración invítanos a
valorar as riquezas e o posuír coma un medio e nunca coma un fin. Necesitamos
os cartos, xa que o mundo e as necesidades humanas están en función de1es, pero
non o son o todo. De que nos sirve ter se non somos persoas?, de que nos serve
o acumular se somos pobres interiormente?
Que a escoita da
Palabra e o pan que se nos parte sexa para nós estímulo para valorar o
desprendemento e o compartir como fundamental nas nosas vidas.
O
PERDÓN
* Porque nos
preocupamos moito por mellorar o noso nivel de vida; pero pagando un alto
prezo: unha vida cada vez menos solidaria e menos humana, SEÑOR, ENDEREITA O
NOSO RUMBO.
* Porque seguimos
sendo cómplices de que no mundo haxa persoas escandalosamente ricas e
desesperadamente pobres, CRISTO,
ENDEREITA O NOSO RUMBO.
* Porque seguimos
vivindo unha vida carente de sentido, baseada en posuír, sen decatármonos de
que as cousas realmente importantes non están á venda, SEÑOR, ENDEREITA O NOSO
RUMBO.
REMUÍÑO
O valor do traballo: O
traballo, o esforzo, a necesidade de traballar para dignificar a vida e vivila
dun xeito digno, non debe levamos a esquecer que facelo ten sentido se somos
capaces de asumir, entender e vivir desde a acollida de Cristo como o que dá
sentido, horizonte, perspectiva, salvación ... á . nosa vida. O que dignifica,
enriquece, constrúe sociedade é a nosa contribución á facer do mundo o lugar
onde ninguén sexa excluído. É este un esforzo común e unha tarefa compartida.
Non saber apreciar isto fai que o traballo acabe sendo unha carga
deshumanizadora e escravizante. Pero tamén deshumaniza aproveitarse do traballo
dos outros. Porque unha cousa é a solidariedade, que si é necesaria; e outra
ben distinta é o abusar do esforzo dos outros. Como poder levar con dignidade o
nome de humanos, se non somos capaces de respectar a dignidade -imaxe e
semellanza de Deus- dos demais? Acaso somos dos que pensamos que posuír, ter,
aparentar, fachendear ... son actitudes e respostas cristiás ao seguimento de
Xesús?
Aprendendo a relativizar: Ternos que aprender a re1ativizar. Pero, como nos custa!. Que difícil
é que nos recoñezan como cristiáns e cristiás pola nosa maneira de afrontar o
traballo, non para gañar e ser máis ca os outros, senón como un medio que nos
fai medrar e abrimos a compartir proxectos e ilusións cos demais. Como di Pedro
Casaldáliga, o único verdadeiramente absoluto no mundo, e contra o que todos
deberamos empeñamos para erradicala e loitar, é a fame, todo o demais é
relativo, secundario, pode esperar. Pero como nos custa relativizar, que pouco
empeño pomos niso!. Sempre nos gusta que o noso, o que pensamos, falsa ilusión,
é o mellor, que o pensan os outros, ou as posturas ou formas de ver ou sentir
as cousas, non só non vale, senón que mesmo chegamos a ocupar o lugar de Deus,
atrevéndonos a dicir que se non son ou fan coma nós, están en pecado. Porén,
nesta tarefa non hai, non pode haber, distincións: todos somos iguais, sexamos
brancos ou negros, europeos ou africanos, católicos ou animistas, homes ou
mulleres ... por que nos resulta tan difícil de entender? E se non o
entendemos, como o imos vivir? Por que pretendemos impoñer os nosos gustos, as
nosas formas, mesmo as nosas tradicións aos que teñen outras; e o que é peor,
por que os consideramos persoas de segunda orde por seren diferentes a nós?
Fáltanos evanxeo e sóbrannos tradicións. Cando aprenderemos!
Porque somos finitos: E todo para que? Cantas loitas, envexas, egoísmos, xenreiras ... polo
que outros teñen, ou para que outros non teñan, para logo descubrir que somos
finitos, para un tempo, e que a morte nos iguala a todos. Que lonxe estamos do
que quería Xesús de nós! Que as palabras que vimos de escoitar no evanxeo: "necio,
esta noite vanche esixir a vida", nos fagan endereitar o noso rumbo
para que logo non sexa demasiado tarde.
ORACIÓN
DA COMUNIDADE
Presentemos a nosa oración a Deus,
Pai de todas as persoas, para que alente e acompañe a nosa vida, dicindo:
ILUMINA,
SEÑOR, A NOSA VIDA
* Pola Igrexa, para
que nunca utilice a relixión para intereses persoais privados: adquisición de
poder, de prestixio, de bens materiais... senón que saiba presentala coma
camiño que dá sentido á vida das persoas, OREMOS: ILUMINA, SEÑOR, A NOSA VIDA
* Polas nosas
comunidades, para que a riqueza e o status económico nunca se convertan na
rapadoira polo que medimos e xulgamos ás persoas, senón que, pola contra,
sempre teñamos as mans abertas para axudar aos que menos teñen, OREMOS:
ILUMINA,
SEÑOR, A NOSA VIDA
* Por todos e todas
nós, chamados a sermos homes e mulleres novos que atopemos as cousas de arriba
(a fraternidade, a xustiza, o amor, a solidariedade ... ) entre as cousas de
abaixo (na vida cotiá, no traballo, no fogar, na sociedade, na política, na
cultura ... ), OREMOS:
ILUMINA,
SEÑOR, A NOSA VIDA
Ilumina, Señor, o
noso camiñar, para que sexa xusto e solidario. PXNS
REFLEXIÓN
Non
ter nada.
Non levar nada.
Non poder nada.
Non levar nada.
Non poder nada.
Non
pedir nada.
E, de pasada, non matar nada, non calar nada.
E, de pasada, non matar nada, non calar nada.
Só
o Evanxeo, coma unha navalla afiada.
E
o pranto e o sorriso na mirada.
E
a man estendida e apertada.
E a vida, a cabalo, dada.
E a vida, a cabalo, dada.
E
este sol e estes ríos,
e esta terra comprada,
e esta terra comprada,
para testemuñas
da revolución xa empezada.
E
máis nada!
P.
Casaldáliga
CANTOS:
ENTRADA:
Acharte, presente
na vida
LECTURAS:
O Señor é o meu
pastor
OFERTORIO:
Na nosa terra
COMUÑÓN:
O pouco que Deus
nos dá
Comentarios
Publicar un comentario