Ide predica-lo Evanxeo a todo o mundo - Salmo 116
Domingo 21 de ordinario - ciclo C
CORAZÓN DO SUR
Pai do mundo todo
Que o mundo todo abrazas
Nun desexo inmenso de irmandade total,
veño onda ti para contaxiarme da túa forza
solidaria.
Ti tes corazón de Sur,
e no teu corazón de Sur quero eu entrar.
Ti tes corazón dorido,
amante da xustiza, da verdade e da
simplicidade,
e no teu corazón dorido quero eu entrar.
Ti acendes en todos os pobres
a paixón pola verdade que limpa
e pola xustiza que libera:
Que ben se me deixo contaxiar da túa valentía!
Ti alentas os pobos asoballados
ata que os seus dereitos sexan recoñecidos,
e invítasme a solidarizarme con eles:
Grazas pola túa invitación que eu acepto!
Pai santo, Pai bo,
que sexa un cristián vivo e loitador,
confiado en ti con total humildade,
e incansable contigo no esforzo pola xustiza.
Comentarios
Publicar un comentario