Non vin traer paz, senón discordia...- Lc 12, 49-53
Domingo 20 de Ordinario - ciclo C
DÉCIMAS
SOBRE A PAZ
Moitos que falan da paz,
coidando facer proveito,
dinnos parvadas a feito,
pois a paz nunca será
sufrir, calar, aturar,
deixar que medren os danos
pasando meses e anos,
voando ceibe a inxustiza,
en tanto que sen ledicia
malviven moitos paisanos.
Palabra curta e enorme
que moitos nos din de présa
con fala erguida e acesa
e confúndena coa orde
que manda quedar conforme
coas trangalladas que amañan
montando formas e mañas,
de xeito que sigan sempre
sufrindo e renxendo o dente
os que pobrezas apañan.
Para dicir paz con verdade,
cómpre poñer a carón
e sen facer división
unha completa igualdade;
pois mentres na realidade
un encha o peto e a panza
e viva a diario en danza,
tendo moi preto de si
quen esfamea e non ri,
será paz sen seguranza.
Desa paz desavogosa
non foi amigo Xesús,
pois que morrendo na cruz
dixo con voz poderosa
ser unha acción proveitosa
erguer a voz sen temor
contra calquera señor
que, abusando en conciencia
con cartos, poder ou ciencia,
lle nega espazo ó amor.
Comentarios
Publicar un comentario