Todo o que ten meu Pai é meu; o Espírito recibe do meu e darávolo a coñecer - Xn 16, 12-15

Domingo da Santísima Trindade - ciclo C


POBRIÑO DO SÓ!

Deus é comunitario:
Deus é Pai,
e dá vida ás súas criaturas.
Deus é Fillo,
e amigo fiel dos máis humildes.
Deus é Espírito Santo,
e é forza e alento no camiño.

E fixo tamén comunitario o home:
fíxoo parella, familia, fíxoo amigo. veciño.

Non, non é bo para o home
estar so, sen ter compaña.

Pobriño do so!
Non terá quen lle quente os pés na noite.
nin o corazón no día.
Non terá quen lle enxugue as bágoas,
nin con quen compartir o pan,
a risa, as penas, as loitas,
as esperanzas.
Pobriño do só!

Desgraciado quen fai
que o home estea só!
Desgraciado quen destrúe
a irmandade primeira
que Deus puxo daquela
entre o home e a súa compañeira,
entre o home e o seu próximo,
sexa quen sexa!


Comentarios

Publicacións populares