O Espírito Santo recordaravos todo canto vos dixen - Xn 14, 23-29

Domingo 6 de Pascua - ciclo C



ESTOU LEDO CON XESÚS

Xesús, alégrome coas túas palabras,
e quero loarte con esta miña alegría.

Estou contento porque sei que me queres,
e que eu tamén te quero:
quérote a ti e quero as túas  cousas e proxectos;
quérote a ti e quero as cousas
pobres, pequenas e humildes.

Estou contento tamén
porque procuro gardar as túas palabras
e ando en cousas de unión e de fraternidade
con conciencia limpa e ánimo decidido.

Estou contento porque vés onda min,
para facer vida comigo,
porque vés onda todos nós, onda toda a xente,
para faceres vida connosco, en comunidade.

Xesús, estou contento
polo Espírito "defensor" dos pobres,
humildes e pecadores
que o Pai nos regala no teu nome.
Sei que vai dentro de min
e dentro dos meus irmáns,
por iso somos capaces de tantas causas boas
para nós mesmos e para os demais.

Estou contento pala túa paz,
como gozo con ela nas horas de serenidade
e nas horas de noite e de naufraxio!
Como me gusta vela ó meu lado
cando preme a angustia e o medo da vida!

Xesús, estou contento contigo
e coas cousas que para a  vida a todos nos regalas.

Comentarios

Publicacións populares