Manda, Señor, o teu Espírito e renova a cara da terra - Salmo 103

Pentecoste - ciclo C



GRAZAS, SEÑOR

Cando ternos unha esperanza total na vida,
a pesar das nosas caídas e as nosas dúbidas.
Cando se sente a desesperación e, porén,
se experimenta un consolo interior
que ninguén nos pode quitar.

Cando experimentamos o racho
da morte propia ou allea e
a sabemos asumir con fe e esperanza.
Cando aceptamos libremente unha responsabilidade,
inda que non teñamos claras as
perspectivas de éxito e de utilidade.

Cando vivimos con serenidade e perseveranza
a existencia de cada día,
ás veces amarga, decepcionante e aniquiladora,
e a aceptamos por unha forza,
cuxa orixe non podemos abarcar nin dominar.

Cando vivimos as tebras do aparente
sen sentido na nosa vida,
porque esperamos unha promesa
que non podemos entender.

Cando vivimos as experiencias fragmentarias do amor,
a beleza e a alegría, como promesa do amor,
a beleza e a alegría plena
que un día recibiremos onda Deus.

Cando somos capaces de orar
no medio das tebras e o silencio,
sabendo que sempre somos escoitados,
inda que non percibamos unha resposta
que se poida razoar.

Grazas, Señor. 

Comentarios

Publicacións populares