Como rezar o Via Lucis - 3ª Parte
ADAPTADO DE : www.es.catholic.net
3ª ESTACIÓN:
XESÚS APARÉCESE ÁS MULLERES
XESÚS APARÉCESE ÁS MULLERES
As
mulleres ven desbordadas polos feitos: o sepulcro está baleiro e un anxo
anúncialles que Cristo vive. E failles un encargo: anunciádeo aos apóstolos.
Pero a maior alegría é ver a Xesús, que sae ao seu encontro.
Do Evanxeo segundo San Mateo 28, 8-10.
8Elas marcharon do sepulcro con toda a présa, con temor pero cheas de
gozo; e correron para llelo comunicaren ós seus discípulos.
9Entón Xesús saíulles ó encontro dicindo:
‑Alegrádevos.
Elas, achegándose, abrazáronlle os pés e postráronse ante el. 10Xesús
díxolles:
‑Non teñades medo: ide avisar a meus irmáns de que marchen para Galilea,
que alí me verán.
Comentario
As
mulleres son as primeiras en reaccionar ante a morte de Xesús. E obran con
dilixencia: o seu agarimo é tan auténtico que non repara en respectos humanos,
no que dirán. Cando embalsamaron o corpo de Xesús tivérono que facer tan
rapidamente que non puideron terminar ese piadoso servizo ao Mestre. Por iso,
como aprenderon a querer, a facer as cousas até o final, van acabar o seu
traballo. Son valentes e xenerosas, porque aman con obras. Botaron fóra o soño
e a preguiza e, antes de despuntar o día, xa se encamiñan cara ao sepulcro.
Hai
dificultades obxectivas: os soldados, a pesada pedra que cobre a estancia onde
está colocado o Señor. Pero elas non se asustan porque saben pór todo en mans
de Deus.
Oración
Señor
Xesús, dános a valentía daquelas mulleres,
a
súa fortaleza interior para facer fronte a calquera obstáculo.
Que,
a pesar das dificultades, interiores ou exteriores,
saibamos
confiar e non nos deixemos vencer pola tristeza ou o
desalento,
que o noso único móbil sexa o amor,
ó
pornos ao teu servizo porque, como aquelas mulleres,
e
as boas mulleres de todos os tempos,
queremos
estar, desde o silencio, ao servizo dos demais.
4ª ESTACIÓN:
OS SOLDADOS CUSTODIAN O SEPULCRO DE CRISTO
OS SOLDADOS CUSTODIAN O SEPULCRO DE CRISTO
Para
ratificar a resurrección de Cristo, Deus permitiu que houbese unhas testemuñas
especiais: os soldados postos polos príncipes dos sacerdotes, precisamente para
evitar que houbese un engano.
11Mentres elas ían, algúns da garda foran á cidade para informaren ós
sumos sacerdotes de canto acontecera. 12Eles, reuníndose cos senadores,
acordaron darlles unha boa presa de cartos ós soldados, 13encargán-dolles:
‑Vós dicide: "os seus discípulos fórono roubar de noite, mentres
nós durmiamos". 14E, se o gobernador chega a saber algo, xa o
convenceremos nós, sacándovos do apuro.
15Eles, collendo os cartos, fixeron tal como lles mandaran. E así correu
este rumor entre os xudeus ata o día de hoxe.
Comentario
Os
inimigos de Cristo quixeron cerciorarse de que o seu corpo non puidese ser
roubado polos seus discípulos e, para iso, aseguraron o sepulcro, selando a
pedra e montando a garda. E son precisamente eles quen contaron o ocorrido. Que
acertado é o comentario dun Pai da Igrexa cando di aos soldados: 'Se durmiades por que sabedes que o
roubaron?, e se os vistes, por que non llo impedistes?'. Pero non hai peor
cego que o que non quere ver.
En
lugar de crer, os sumos sacerdotes e os anciáns queren ocultar o acontecemento
da Resurrección e, con diñeiro, compran aos soldados, porque a verdade non lles
interesa cando é contraria ao que eles pensan.
Oración
Señor
Xesús, dános a limpeza de corazón
e
a claridade de mente para recoñecer a verdade.
Que
nunca negociemos con ela para ocultar as nosas fraquezas,
a
nosa falta de entrega, que nunca sirvamos á mentira,
para
sacar adiante os nosos intereses.
Que
che recoñezamos, Señor, como a Verdade da nosa vida.
5ª ESTACIÓN:
PEDRO E XOÁN CONTEMPLAN O SEPULCRO BALEIRO
PEDRO E XOÁN CONTEMPLAN O SEPULCRO BALEIRO
Os
apóstolos recibiron con desconfianza a noticia que lles deron as mulleres.
Están confusos, pero o amor pode máis. Por iso Pedro e Xoán achéganse ao
sepulcro coa rapidez da súa esperanza.
Do Evanxeo segundo San Xoán 20,
3-10 (cf. Lc 24, 12).
3Pedro e mailo outro discípulo saíron correndo cara ó sepulcro. 4Corrían
os dous á par. Pero o outro discípulo correu máis lixeiro ca Pedro, e chegou
primeiro ó sepulcro. 5Abaixándose, viu que estaban os lenzos, pero non entrou.
6Entón chegou tamén Simón Pedro, que o seguía, e entrou no sepulcro. Viu os
lenzos pousados alí. 7Pero o sudario que envolvera a súa cabeza, non estaba cos
panos, senón á parte, enrolado noutro lugar. 8Entón entrou tamén o outro
discípulo, que chegara primeiro, ó sepulcro; viu e creu. 9(Pois aínda non
entenderan que, conforme a Escritura, era preciso que resucitase de entre os
mortos). 10Entón os discípulos voltaron para a casa.
Comentario
Pedro
e Xoán son os primeiros apóstolos en ir ao sepulcro. Chegaron correndo, coa
alma esperanzada e o corazón latexando forte. E comproban que todo é como lles
dixeron as mulleres. Até os máis pequenos detalles de como estaba o sudario
quedan gravados no seu interior, e reflectidos na Escritura. Cristo venceu á
morte, e non é unha va ilusión: é un feito da historia, que vai cambiar a
historia. Despois deste feito, o Señor sairía ao encontro de Pedro, como
expresión da delicadeza do seu amor; e así, o que chegaría a ser Cabeza dos
Apóstolos, e tería que confirmalos na fe, recibiu unha visita persoal de Xesús.
Así nolo conta Pablo e Lucas: '[Cristo]
apareceuse a Cefas e logo aos Doce' (1 Cor 15, 5; cf. Lc 24, 34).
Oración
Señor
Xesús, tamén nós como Pedro e Xoán,
necesitamos
encamiñarnos cara a Ti, sen deixalo para despois.
Por
iso pedímosche ese impulso interior
para
responder con prontitude ao que poidas querer de nós.
Que
saibamos escoitar aos que nos falan no teu nome
para
que corramos con esperanza a buscarche.
Comentarios
Publicar un comentario