Como me mandou a min o Pai, así vos mando eu a vós: recibide o Espírito Santo - Xn 20, 19-23
Pentecoste - ciclo C
ÁBRELLE A PORTA AO
ESPÍRITO
Chegou O Espírito!
Non o sentes?
Non oes como peta á túa
porta?
Ábrelle e alédate con
el.
Ábrelle,
e deixa que revolva a
túa casa toda.
Están as causas
demasiado fixas,
demasiado ordenadas,
Pouco a pouco, case sen
querelo,
fuches pechando todas as
ventás;
todo está balorento e
cheira a pechado,
Están as causas
demasiado tranquilas,
demasiado mortas
na túa parroquia, na túa
xente.
Non pensas en nada novo
e diferente.
Estás canso.
Estás demasiado
convencido
de que todo ha ser como
é,
aínda que todo estea e
vaia mal.
Ábrelle a porta ao Espírito!
Faiche falla!
Ábrella, e verás!
Están as casas moi
tristes
nesta terra de mazurcas,
de xílgaros e camelias.
Ábrelle a porta ao Espírito!
E faraste construtor
da terra nova e os ceos
novas .
que Deus regala a quen
loita.
Comentarios
Publicar un comentario