DÍA DAS LETRAS GALEGAS

ROBERTO VIDAL BOLAÑO

------------------------------------------------------------------------------------------

O 17 de maio sempre sorrío con tristura pensando no que fago eu neste blogue... non está ben visto falar de galego na Igrexa -sinto dicilo pero é a realidade-, non está ben visto falar de relixión entre os galeguistas -tamén sinto dicilo, e tamén é a realidade-, non está ben visto falar de posicionarse a favor do galego nun colexio de curas/monxas -es un galeguista ou un rarito, non sei que será mellor para eles-, non está ben visto defender o galego na escola entre os pais galegofalantes -clara demostración de que, despois, de tantos anos, algo non se fixo ben-, xa non quero falar dos castelánfalantes -entre os que me inclúo, son unha "neofalante" desas, que tamén somos uns raritos-... Estou un pouco cansa da situación pero non hai visos de cambio.

Ata hai uns poucos anos, pensaba que falar en galego era un dereito, pero xa hai tempo que creo que é unha obriga cos nosos avós e cos nosos fillos, unha necesidade silenciosa (sobre todo vendo a velocidade alarmante de pérdida de identidade dos xoves galegos coas novas comunicacións e os poucos apoios dos que teñen a obriga moral e real de defender e conservar o galego -moitas veces esquécese isto tan fundamental-... O galego vai morrendo, pero non so de morte natural, non podemos ser defensores da eutanasia lingüística e dicir que defendemos a cultura e o noso patrimonio máis vivo, como dicimos os galegos sempre "ou é boi ou é vaca".

Deixémonos xa de bandos e sintamos en galego...


Comentarios

Publicacións populares